1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

100216 sogGaliza - CIG - O Comité de Transportes Pellejero e Hijos, CIG e COO denuncian a irreponsabilidade da empresa e do PP pola perda da totalidade dos empregos


Traballadores/as do transporte de residuos de SOGAMA que prestan servizo para a empresa Transportes Pellejero e Hijos, SL. veñen de convocar unha folga indefinida. Denuncian xunto coa CIG e CCOO que cando SOGAMA decidiu sacar a concurso a nova contrata non tivo en conta a continuidade do cadro de persoal que levaba realizando esta función durante os últimos 14 anos, e nalgúns casos até 21 anos. Unha falla de sensibilidade intolerable por parte dunha empresa pública que deixa na rúa a partir do vindeiro 1 de marzo a 69 traballadores/as entre camioneiros/as, mecánicos e persoal de oficina.
Planta de Sigre

Nas condicións da contrata SOGAMA estableceu unha serie de criterios técnicos, medio ambientais e económicos e sen embargo non só non se lembraron dos traballadores e traballadoras senón que literalmente incluíron nas plicas que a nova empresa non tería ningunha responsabilidade co cadro de persoal actual. Presumen dun grande aforro cando unha parte del vai ser a costa de deixar na rúa a 69 familias.

Neste tempo só foron dilatando a situación con varias reunións co Presidente de SOGAMA e coas empresas afectadas ofrecendo amañalo para rematar sen ningunha solución e co único obxectivo de gañar tempo para que non se puidera facer nada. A única proposta é que presenten currículo na empresa nova a ver se os collen. Tendo en conta ademais que as condicións salariais que oferta COPASA son case un 50% inferiores ao pretender aplicar un convenio propio moito mais baixo que o do sector. E SOGAMA avala semellante atropelo. Nen garantías de contratación e ademais con salarios e condicións de explotación.

Ante a falta de alternativas reais a asemblea de traballadores/as, e as centrais sindicais CIG e CCOO, acordaron a convocatoria de folga indefinida a partir do día 15 de febreiro o que afectará á recollida e transporte dos residuos dos concellos á planta de SOGAMA en Cerceda. Igualmente solicitaráselle un pronunciamento público aos alcaldes dos concellos afectados e solicitouse tamén unha reunión cos grupos parlamentares para que se pronuncien igualmente e se debata no Parlamento Galego a actuación de SOGAMA, como empresa pública, neste caso solicitando unha mediación e a apertura dunha mesa de diálogo para unha solución a este despropósito.

Ademais, os traballadores e traballadoras realizarán unha campaña de sensibilización social sinalando a SOGAMA, á XUNTA e ao PP como responsábeis desta desfeita e convocarán unha manifestación cidadá en defensa dos postos de traballo que afecta especialmente aos concellos de Cerceda, Ordes e Santiago.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.