1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

b 450 0 16777215 00 archivos Administradores manu 2014 11 5395737772 630448cba1 zGaliza - AS/DL - [Antonio Sierra] Na cidade de Vigo temos un debate ca ampliación do polígono de Balaidos, para uso fructo e beneficio da sociedade mercantil e multinacional PSA, ou como e coñecida historicamente na cidade “a fabrica de Citroën”. Unha ampliación que xustifican é necesaria todas as partes (Director da fabrica, Políticos, e algúns sindicatos), aínda que non goce dunha seguridade xurídica vulnerando incluso o artigo 144 da propia Lei do solo que establece a exposición publica e dereito de alegacións, dereitos que pretenden algúns deben renunciar os propios veciños de Mátama que van ver como as súas casas son derrubadas, onde moitas e moitos naceron, ou construíron parte da súa vida, todo para dar satisfacción a Citroën.


Foto de Galiza Contrainfo (CC by-nc-sa/2.0) - Polícia protege fábrica de Citröen durante greve geral.

O PXOM de Vigo xa foi tombado polo Tribunal Supremo por non contar entre outros cun plan medioambiental, é agora o Concello se encargara de adaptalo, da Lei do solo se encargara modificala a Xunta, e da expropiación e construción das naves ou infraestruturas seguramente Zoa Franca, todo sen unha seguridade xurídica vulnerando a Lei. Pero en todo isto, o que si queda claro, e que Citroën presiona para levar a cabo o proxecto aínda que non conte con garantías, é non invertería de entrada nin un so euro. É no suposto de ser denunciada a ampliación por non cumprirse ca Lexislación, tampouco asumira as multas nin as indemnizacións de confirmarse a súa ilegalidade polo xulgado, o faría a Xunta ou o Concello, ou mais ben todos e todas os contribuíntes cos nosos impostos.

A chantaxe esta servida, sempre polo ben da fabrica de Citroën e do emprego do sector xustifican algúns. Segundo o Director da planta, din que en Francia non entenden o que esta a suceder en Vigo, e que teñen é ampliar si ou si para que o proxecto do K9 sexa viable. Primeiro nos recortaron o salario e as condicións de traballo aos traballadores/as de Citroën ca chantaxe de adquirir dito proxecto, e agora tamén o utilizan para chantaxear a toda a sociedade Viguesa, que fan súas as reivindicacións desta multinacional, aplaudindo o PP e o PSOE pola súa actuación, e criticando os que piden que se cumpra ca Lei (AGE e MAREA), que non se opoñen a súa ampliación, pero si o respecto a Lei. Se viviran en Mátama e viran pisoteados os seus dereitos, seguramente pensarían doutro xeito, pero o dor alleo, non é o dun propio. Fan a promesa de creación de postos de traballo, pero non se concretan en cantidade, nin en que condicións se van a crear, nin que inversións van realizarse. A ampliación non garante nin tan sequera manter o actual.

Agora tamén para xustificar a expropiación, falase que o sector do automoción galego invertería case 1.800 millóns de euros para implantar o modelo industria 4.0, pero non se cuantifica canto de dita inversión vai reverter en Vigo ou na súa Comarca, ou se na súa gran maioría como as pezas do novo K9 vai cara Portugal e Marrocos, onde auxiliares do sector con capital galego xa teñen novas fabricas implantadas e pezas do K9 adxudicadas.

Con esta ampliación pretenden crear espazos loxísticos para poder aumentar os días de almacenaxe de pezas, e non traballar baixo o sistema “just in time” o denominado “xusto a tempo”, como o facían anteriormente cas auxiliares do sector situadas no polígono de Valadares, Porriño, etc...para así poder facelo dende países veciños e así abaratar tamén os seus custes e aumentar o marxe de benéficos. Esa e a responsabilidade social que ten PSA con Vigo e a súa Comarca?, e cos galegos que lle teñen dado todo?. Ampliación si, pero cumprindo a Lei, e cun compromiso de mantemento da carga de traballo e do emprego pola multinacional francesa.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.