1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

281115 navalGaliza - CIG - O naval de Ferrol volve á rúa para pedir carga de traballo e contra a propaganda que dá por superada a crise do sector.


Os Comités de Navantia e a industria auxiliar teñen convocada unha gran manifestación comarcal o domingo 13 de decembro
Os traballadores e as traballadoras de Navantia e as súas auxiliares volveron saír este xoves ás rúas en demanda de carga de traballo para os estaleiros da ría de Ferrol. A marcha que os levou dende o estaleiro até a Praza de Armas, pasando polo SMAC, enmárcase no calendario de mobilizacións acordado en asemblea e co que o naval pretende contrarrestar a campaña propagandística do PP sobre a suposta solución dos problemas do sector.

A este respecto, o Secretario da Sección Sindical da CIG en Navantia Ferrol, Marcelino Amado, lembrou que nas últimas semanas aparecen de seguido na prensa informacións sobre a “boa marcha” dos estaleiros públicos: dende a ocupación de carenas até as declaracións do propio Presidente de Navantia dando por superados os problemas da empresa. “Estase producindo a entrada de todos os cargos do PP nesta campaña para trasladar a idea de que hai carga de traballo suficiente nos estaleiros”, critica.

Unha irrupción de mensaxes positivos que adoita repetirse con cada proceso electoral, ao igual que adoitan chegar nestes períodos ducias de promesas para o sector. Porén, apunta Amado, os datos son radicalmente distintos. “É certo que hai unha carga de traballo que non había hai dous anos, pero non é suficiente e nin sequera garante un ano de traballo. A metade do cadro de persoal da principal está en subactividade e só se emprega a unhas 600 persoas das auxiliares”.

Carga de traballo insuficiente

A eólica mariña ocupa como máximo a unhas 300 persoas, máis ou menos a mesma cantidade de traballo que xera o famoso flotel de Pemex (que xa foi botado); a construción do Buque de Acción Marítima está en suspenso; e os catro petroleiros para Ondimar serán fabricados nas instalacións da Baía de Cádiz, quedando para os estaleiros galegos só a montaxe dos bloques de Proa. “E non hai nada máis”, afirma o representante sindical.

En canto aos petroleiros, a CIG ten reivindicado en diversas ocasións un reparto equilibrado da carga de traballo, e que dous destes buques sexan construídos en Fene. “Isto sería a proba de que realmente hai vontade para que Fene se dedique á construción naval civil, logo do veto inxusto que sufriu durante anos. Do mesmo xeito, reclamamos que se dote á antiga Astano dos medios humanos necesarios para a súa revitalización”.

Neste senso, engade que o mercado da eólica mariña, aínda sendo un interesante nicho de negocio, nunca vai xerar os postos de traballo que xera a construción naval. De feito, as estruturas que se fabrican na ría de Ferrol mesmo xeran un volume de emprego e teñen un valor engadido moi inferior ao negocio da eólica mariña en Cádiz.

Tampouco existe investimento en i+D+I e no referido a área de reparacións –un importante negocio para as instalacións ferrolás- a SEPI e o PP rexeitan unha e outra vez a construción do novo dique.

Mocións e manifestación comarcal o 13 de decembro

Por iso, co novo calendario de mobilizacións, os traballadores e traballadoras do naval queren trasladar á cidadanía cal é a situación real dos estaleiros e contrarrestar a campaña publicitaria do PP. A seguinte protesta está convocada para o xoves 3 de decembro, e consistirá nunha marcha polas rúas de Ferrol até a Praza de Armas portando fachos, ao xeito da vixilia realizada hai dous anos.

Ademais, o Comité e os/as delegados/as teñen rexistrados en todos os concellos da comarca mocións para recadar o apoio das corporacións locais. Onte mesmo, o texto foi debatido no Pleno de Ferrol e aprobado cos votos favorábeis de todos os grupos, agás o Partido Popular.

Nos próximos días tamén se producirá un reparto de follas informativas entre a cidadanía e unha pegada de carteis. Todo para chamar á participar na gran mobilizacións comarcal que teñen convocada para o domingo 13 de decembro. A manifestación sairá ás 12:00 hora dende o monumento ao 10 de Marzo.

Nas semanas pasadas, o persoal tamén desenvolveu mobilizacións relativas a cuestións internas como os incumprimentos do III Convenio Colectivo, as asimilacións ou a falta de respecto aos acordos co colectivo de xubilados.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.