1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

231115 melhoriasGaliza - CIG - A CIG entrega 1066 sinaturas do persoal do Consorcio de Igualdade e Benestar en demanda de melloras nas condicións laborais


Delegados/as da central concentráronse este xoves diante do organismo para denunciar a precariedade e discriminación que padecen

Delegados e delegadas da CIG concentráronse esta mañá diante do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar coincidindo coa entrega das máis de 1.000 sinaturas do persoal en demanda de melloras nas súas condicións laborais e en denuncia da precariedade e discriminación que padecen respecto dos traballadores e traballadoras da mesma categoría que traballan na Xunta de Galiza.

Con esta mobilización e a entrega de sinaturas exíxese a inmediata apertura de negociacións para facer efectivas as reivindicacións do seu persoal. As traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar sofren unha precariedade extrema e unha discriminación en relación ao persoal de mesma categoría e profesión no resto da Administración galega. Para a CIG é imprescindíbel a súa homologación total co resto das traballadoras e traballadores da Xunta de Galiza e a aplicación das medidas recollidas na táboa reivindicativa.

Tabela reivindicativa:

Mantemento de todos os postos de traballo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar na integración na Axencia Galega de Servizos Sociais.
Continuidade dos equipos de Inclusión Social.

Aplicación das melloras laborais recollidas na Lei do Emprego, nomeadamente o sábado como día inhábil, a ampliación do permiso por parto ou adopción, a licenza por risco durante o embarazo ou a lactación, a licenza por asuntos propios, etc.

Aplicación inmediata do V Convenio Laboral incluídas as retribucións.

Aplicación da xornada laboral da Xunta de Galiza.

Garantía de que se respecten as funcións das diferentes categorías profesionais.

Control, transparencia e publicidade na xestión das listas de agarda.

Cobertura de maneira inmediata todas as baixas, permisos...

Apertura de novas listas de substitucións para evitar a non existencia de persoal para substitucións.

Adscrición extraordinaria de destinos provisionais entre todas as traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, incluíndo as prazas de nova creación.

Recuperación das pagas extraordinarias completas e devolución das cantidades debidas. Derrogación de todos os recortes.

Normalización co pago inmediato das nóminas a persoas que teñen calquera tipo de modificación (IT, reducións, substitucións...) nas mesmas.
Cobertura real dos postos de traballo dos centros Quérote.

Incremento de persoal nos servizos centrais.

Negociación da integración na axencia.

Reunión co xerente do Consorcio

Unha vez entregadas a sinaturas a CIG conseguiu que o novo xerente, Perfecto Rodríguez Muíños, recibira a unha representación das traballadoras/es. Nesta xunta a CIG trasladoulle as reivindicacións do persoal facendo fincapé que no prazo dun mes debiamos ter resoltas a aplicación das melloras laborais recollidas na Lei do Emprego e apertura de novas listas de substitucións para evitar a non existencia de persoal para substitucións. O xerente comprometeuse a analizalo e a reunirse ca CIG antes do 15 de decembro. A CIG trasladoulle que de non ter solución nun prazo razonábel convocaría novas mobilizacións chegando, se fai falta, a unha folga de todo o persoal do Consorcio xa que o servizos prestados polo organismo mantéñense a conta das renuncias laborais levadas a cabo por seu persoal.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.