1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

030915 dspgGaliza - CIG - Segue medrando a precariedade laboral.


As sucesivas series de paro rexistrado constatan que agosto é un mes no que adoita descender o desemprego en Galiza. Porén, fronte o optimismo do Goberno sobre a situación económica, o descenso estacional do desemprego do mes pasado (do 1,2%) foi o menor dos tres últimos anos (nos dous anteriores o descenso fora do 1,4%), malia presentar cifras de crecemento económico inferiores á deste ano ou mesmo negativas. Parello a isto, medra a temporalidade e a precariedade e segue a se manter en arredor do 50% o número de desempregados/as que non percibe ningún tipo de prestación.

Así as cousas, o mes de agosto rematou en Galiza con 213.732 persoas desempregadas, 2.639 menos que no mes de xullo. Un descenso atribuíble fundamentalmente aos 1.498 desempregados menos do sector Servizos, que supuxeron máis do 50% do total.

Con todo, malia corresponderse co sector Servizos o maior número de contratos rexistrados, o descenso porcentual do paro neste sector foi unicamente do 1,10%. Un descenso que se repite en todos os sectores, entre os que cómpre salientar o de Industria que foi dun 1,7% ou de Construción, que chegou ao 1,87%.

Porén, tamén neste caso a tónica é semellante. “Tanto en Industria como en Construción a redución do desemprego é inferior ao ano anterior e só en Servizos ten unha evolución semellante”, matiza o secretario confederal de Emprego, Miguel Malvido.

Precariedade laboral

A evolución da contratación amosa, máis unha vez “a precariedade da mal chamada recuperación”, apunta Malvido, xa que dos 75.964 contratos asinados durante o último mes, un total de 72.082 foron temporais. Isto é, tan só o 5,1% se corresponden con algunha das modalidades de contratación indefinida. Unha cifra que tamén é inferior á do ano pasado, cando a porcentaxe de indefinidos acadara o 5,7%.

Isto leva a concluír ao secretario confederal de Emprego que “o pouco emprego que se crea é precario” o que demostra, ao seu entender, que “aquilo que nos vendían de que a recuperación económica da que tanto falan -que a clase traballadora non percibe por ningún lado- ou o incremento do PIB provocarían un aumento do emprego, é falso”.

Xunto a isto denuncia que “para o que realmente serviu a crise foi para desregular as relacións laborais, reducir salarios, suprimir dereitos, facilitar ás empresas o despedimento daquelas traballadoras e traballadores con mellores condicións laborais, salariais e sociais e empeorar as condicións da contratación.”

Malvido alerta ademais de que o número de persoas desempregadas que non perciben ningún tipo de prestación mantense arredor do 50%. “O risco de exclusión social é real e seguen sen articularse medidas, desde a Xunta de Galiza, para paliar esta situación”, denuncia.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.