1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

250815 sindGaliza - SLG - Despois das mobilizacións protagonizadas polo sector lácteo galego nas últimas semanas, que deron comezo na espectacular manifestación do 17 de xullo en Compostela, e que proseguiron con mobilizacións en capitais de importantes comarcas gandeiras, hoxe é a vez de Sarria.


Observamos como o sector lácteo galego agoniza ante a pasividade da Administración, que non ofrece solucións que dean resposta real aos problemas.

A situación que vive hoxe o sector lácteo galego é dramática. Pódese falar da xeralidade da situación de cobrar prezos que non cubren os custes de produción.

Trátase dunha situación prolongada no tempo, sen que desde os poderes públicos se actúe, amparando a súa inacción en trabas, seica, “legais”.

En localidades e comarcas, como a que hoxe se mobiliza, Sarria, a importancia do sector é vital; non só desde un punto de vista económico, senón tamén social. Sen sector lácteo, esta comarca -como outras galegas- ten o risco grave de agonizar.

É por iso necesaria a implicación social e institucional na defensa do sector nas mobilizacións que se están a levar adiante en diversas localidades galegas.

Na mobilización de hoxe, a celebrar entre as 12 e as 14 h. prevese, como nas anteriores, tractorada e manifestación a pé, con lectura final dun manifesto en defensa do sector lácteo galego. É convocada pola Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego e á mesma chamamos a participar desde o SINDICATO LABREGO GALEGO.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.