1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

250815 explorGaliza - CIG - Denuncian sobreexplotación do persoal e falta de material nas Residencias de Maiores e CAPD


A CIG de Traballo e Benestar da Coruña alerta do “desastre” organizativo “total” nos centros dependentes da consellaría.

A Sección sindical da CIG de Traballo e Benestar de A Coruña vén de denunciar os “tremendos problemas” que se están a dar durante estes meses de verán por mor da non cobertura do persoal de atención directa de vacación nas residencias de maiores e nos Centros de Atención a Persoas Discapacitadas. Unha situación que está provocando a “sobreexplotación” do persoal ao que se lle negan vacacións e ao que se lle promete que "xa se pagarán cando remate o contrato".

A sección sindical denuncia ademais a non renovación de material avariado ou en desuso, desde lavadoras que non funcionan, até lavalouzas obsoletos, baños xeriátricos inutilizados, escaseza de cueiros, toallas ou sabas e uniformes pouco axeitados para traballar.

Xunto a isto, denuncia contratos en precario, por medias xornadas ou de fin de semana, obrigando ao persoal das listas de substitución a acudir ao que denominan como “chamamentos escravistas”, e a aceptar unhas condicións de traballo abusivas.

“Mentres se dá esta situación nos centros de atención directa, o persoal directivo das residencias -todos eles nomeados a dedo por Beatriz Mato- vaise tranquilamente de vacacións sen que queden ningún responsable que poida solucionar os problemas e mesmo desaparece durante semanas o persoal político da Xefatura Territorial e dos Servizos Centrais”, denuncia a sección sindical.

A isto engade que “aquí, durante os meses de verán, en Traballo e Benestar só están ao pé do traballo o persoal de atención directa: enfermeiras, auxiliares, camareiras, coidadores, ordenanzas, persoal de cociña,etc. Os directores dos centros, e o persoal políticos de Traballo e Benestar gozan dunhas nunca ben gañadas vacacións. Iso si, queda o persoal de confianza do gabinete da Consellería, para contestar con propaganda e declaracións pomposas ás denuncias feitas dende o coñecemento e a realidade dos Centros”.

As traballadoras e traballadores de atención directa das Residencias de Maiores e CAPD (Centro de Atención a Persoas Discapacitadas) da Coruña aseguran estar “fartas”de ver que “diñeiro público é regalado a Fundacións privadas e a engordar asesores da conselleira Beatriz Mato en San Caetano, pero o diñeiro público que debe ser empregado nas Residencias de Maiores non é investido en tempo e forma polo que os nosos centros están cada vez mais deteriorados (mesmo algún como a Residencia de Maiores de Ferrol leva xa un ano con dúas Plantas pechadas e inutilizadas)”.

Denuncian que, malia isto, a Consellería de Traballo e Benestar desatende as denuncias que veñen facendo as/os representantes do persoal laboral, “tapando a súa inoperante xestión con subvencións aos medios de comunicación e recorridos veraniegos por festas gastronómicas e feiras vinícolas”.

Demanda de contratacións a xornada completa

O persoal de Traballo e Benestar da Coruña considera inadmisíbel que nas Residencias de Maiores, centros de Menores e CAPD da Coruña, non se proceda á cobertura do persoal adecuadamente, con xornadas completas e non con contratos de fin de semana a medias xornadas. Unha situación que, afirman, “merma os servizos prestados e sobrecarga ao persoal que ten traballar na súa quenda e cubrir o tempo de traballo do persoal que non se cubre a xornada completa”.

En tódolos centros de Traballo e Benestar da Coruña, onde se produce esta situación, residencias de maiores, centros de menores, e CAPD, o traballo que se ten que facer é exactamente o mesmo pero “está recaendo en moitos menos traballadores/as co cal a sobrecarga de traballo é inadmisíbel, como é inadmisíbel que a Consellaría queira aforrar diñeiro a costa de baixar a calidade do traballo, repercutindo na saúde do persoal e na perda de calidade das prestacións aos usuarios destes centros”, explican.

Xunto a isto denuncia a “cicatería na adquisición de novo material para renovar o avariado”, o que consideran “unha grave deixadez de Beatriz Mato con residencias e centros onde non funcionan as lavadoras, os lavalouzas, as calandras, os baños xeriátricos, as grúas, e escasean os cueiros, as toallas, as sabanas e o material de primeira necesidade para atender a residentes e usuarios/as”.

A sección sindical da CIG anuncia a súa intención de pór esta situación en coñecemento dos grupos parlamentarios.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.