1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

290715 cutGaliza - CUT - O DOG acaba de publicar nas súas páxinas o Decreto 101/2015, do 18 de xuño. A través desta ferramenta lexislativa vénse de crear a Comisión Tripartita Galega para a inaplicación de Convenios Colectivos, e vén regular o seu funcionamento.


A comisión, como o están outras, estarán representada pola Administración, a patronal e as organizacións sindicais máis representativas.

Nunha situación de normalidade democrática ou nunha sociedade de dereito, e non de dereitas, o simple enunciado da norma legal sería motivo de escándalo, e sinxelamente sería considerada un atentado flagrante ós dereitos universais da clase traballadora, que é o que en realidade é. Máis a realidade laboral actual dista moitas leguas do que tería que ser a normalidade, e chégase á aberración de lexislar e desenvolver a desactivación dos Convenios Colectivos, no lugar de protexer e obrigar ós explotadores a cumprilos.

A contradición capital-traballo tense manifestado nos últimos catro anos de maneira brutal coa desaparición paulatina da negociación colectiva. O capital, non contento con isto, tamén coa última Reforma Laboral pódese descolgar dos convenios que aínda permanecen. Os datos de Negociación Colectiva dun ente tan pouco sospeitoso de extremismo analítico como a Consellería de Traballo falan por si sós.

Por suposto, os sindicatos “máis representativos” irán correndiño a constituíren a comisión tripartita. Hai que xustificar a inacción sindical dalgunha maneira, e esta, aínda que extravagante, é unha mostra. O Pacto Social, con carácter permanente desde hai trinta anos, non é un concepto do sindicalismo radical senón o factor clave que lexitima a escalada agresiva da patronal contra os dereitos da clase traballadora.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.