1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

020715 santosGaliza - CUT - Cun seguimento medio do 80% do persoal afectado polo Convenio, empréndese a segunda xornada de greve indefinida na madeireira de Boqueixón Santos, Cocina y Baño SL.


Despois de varios anos sen que a patronal se sente á mesa do Convenio Provincial, coas condicións económicas e sociais fosilizadas, o cadro de persoal optou pola posta en adamento dunha greve con carácter indefinido, demandando melloras sociais e salariais na empresa.

O Comité, composto pola CIG, a CUT e CCOO (que se apartou da convocatoria), non ten disposición ningunha a dar marcha atrás. Moito menos logo dos diversos intentos por abrir unha vía de negociación e de obter como resposta da empresa que o que lle preocupa non é unha suba salarial, senón ter que sentarse a negociar co Comité. Segundo a empresa o cadro de persoal pretende responsabilizar da parálise do Convenio Provincial á madeireira de Boqueixón, obviando pola súa vez que cun cadro total de 200 traballadores e traballadoras é unha das dúas principais empresas da provincia, con responsabilidade absoluta na aniquilación da negociación provincial.

Esta mañá celebrouse unha segunda sesión de negociación finalizada coa actitude rotunda por parte da Dirección de non dar ningún paso adiante. Nestes momentos transcorre no interior da empresa unha asemblea de traballadores e traballadoras multitudinaria.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.