1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

010715 geriaGaliza - CIG - CIG-Servizos denuncia que a empresa despediu a unha traballadora que formou parte da candidatura da central nas eleccións sindicais.


Traballadoras/es da residencia de maiores de Outeiro de Rei, xestionada por Geriatros, concentráronse na tarde deste martes para exixir á empresa a readmisión da traballadora despedida e que, curiosamente, foi na candidatura da CIG ás eleccións sindicais. Ademais, coa protesta tamén se quere rexeitar a decisión unilateral da empresa de recortar o plus de actividade que até o de agora viña cobrando o persoal.

Para a CIG-Servizos de Lugo-A Mariña estamos ante unha actuación claramente antisindical e represiva por parte da empresa, que por todos os medios pretende laminar a presenza da central nacionalista nos centros que xestiona. Neste senso, Asunción Castiñeira apuntaba que a empresa tiña una expediente disciplinario aberto a traballadora afectada "por uns feitos que non son certos", que estaba en suspenso, pero sen máis “antes de resolvelo, decidiu despedila”. Hai que destacar que a traballadora formaba parte da candidatura da CIG ás eleccións sindicais no centro de Outeiro de Rei.

Coincide que esta decisión patronal se produce no marco das eleccións que se celebran na residencia que Geriatros xestiona en Viveiro e onde, a pesar dos intentos da empresa para boicotear a formación dunha candidatura, a CIG-Servizos conseguiu presentar lista.

A este respecto, Castiñeira subliñou que o proceso de eleccións na residencia de Outeiro de Rei “foi moi turbulento”, con varias impugnacións e mesmo despedimentos, mais a CIG está asentando a súa presenza neste centro e cada día máis traballadoras e traballadores recorren á central para asesorarse na defensa dos seus dereitos.

Durante a asemblea de traballadoras/es realizada antes da protesta deste martes, aprobouse continuar adiante coas mobilizacións para esixir a readmisión da compañeira despedida. A primeira destas protestas terá lugar o próximo día 13 de xullo, sobre ás 09:30 horas, diante do SMAC de Lugo, coincidindo coa celebración do acto de conciliación.

Recorte no plus de actividade

Xunto a isto, engade Castiñeira, Geriatros acordou de xeito unilateral aplicar unha modificación substancial das condicións de traballo e recortar o plus de actividade que até agora viña percibindo parte do persoal. A empresa alega cuestións económicas para xustificarse, mais dende a CIG-Servizos destacan que, antes de facerse coa concesión, a empresa xa sabía que as/os traballadoras/es cobraban ese plus.

De feito, hoxe mesmo estaba convocada reunión (á que non asistiu a representación de CCOO nin de UGT) para valorar as actuacións a seguir contra este recorte salarial, na que se acordou presentar conflito colectivo contra a modificacións das condicións que pretende aplicar a empresa.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.