...segundo a empresa por non estar suficientemente "COMPROMETIDO" con Mercadona e non facer o seu traballo, nos dende a COG entendemos que este é un castigo por defender durante anos unha liña sindical de defensa dos dereitos das traballadoras e traballadores de Mercadona, primeiro como presidente do comité enfrontase a liña sindical do que entón era o seu sindicato en Mercadona, e hoxe como delegado da COG (Central Obreira Galega).
O compañeiro André Abeledo ven seguindo unha liña de sindicalismo de clase, e mantendo sempre un "COMPROMISO" claro cas traballadoras e traballadores que non lle impide facer o seu traballo en Mercadona. Todo o noso apoio para André e o resto de delegadas e delegados da COG en Mercadona que están enfrontando momentos moi difíciles por ser consecuentes e manter a coherencia.
Sección Sindical da COG en MERCADONA