1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

20150505 090901corGaliza - SPCC - A concentración de carteiros/as de Compostela diante da porta da Dirección provincial cumpre 1 mes xa desde que comezou o día 27 de Abril.


E seguen concentrando diante da porta de Correos, Rúa do Franco 4 Compostela, diariamente de 09 a 09:15 da mañán esixindo contratación e o cumprimento do servizo postal universal. 

Hoxe, mércores día 27 de Maio acompañaran nas reivindicacións varios musicos tradicionais da cidade de Compostela tocando gaitas, bombos e pandeiretas. 

Manifesto: Que está a pasar en Correos de Compostela???

Fai un ano que, por  mor dos recortes de persoal, @s carteiras de Compostela non podemos garantir que lle chegue o seu Correo a diario, tal como é o seu dereito.

No ano 2014 Correos fixo na nosa cidade unha brutal redución de seccións de reparto nas unidades da rúa do Franco e na do polígono de Costa Vella. Se e este recorte sumamos persoas que facían traballos de apoio interior que se xubilaron e non as cubriron podemos contabilizar xa en 16 persoas menos de plantilla na nosa cidade que fai un ano, sen contar coas ducias de contratos de eventuais que xa non se realizan.

@s carteir@s xa non podemos máis. Tristemente vemos que o correo non chega a diario ás súas casas, tal como é a obriga de Correos SAE. Pois ben, Correos de Compostela, non contento con isto, quere reducir aínda máis o persoal non contratando substitucións para as baixas, vacacións ou calquera outro imprevisto que poida surxir.

Correos ten a pretensión de que as cartas sexan entregadas en prazos de 3 días e non, como lle marca a lei, diariamente. Isto é un ataque directo e frontal a o seu dereito como cidadana/o a ter o correo diariamente na súa casa.

Tamén no Centro Postal de Labacolla os recortes chegaron para se quedar. Redución de persoal, faltas nas entregas da roupa de protección laboral, limpeza das máquinas insuficiente, material obsoleto que pon en perigo a saúde e a seguridade do persoal, así como unha presión laboral insoportable que fai que as condicións de traballo dese centro sexan moi deficientes!

E todo isto está a pasar na única empresa pública do estado que tivo beneficios no último exercicio coñecido (ano 2013): 48.400.000€ ¡!

Lamentamos profundamente a falta de diálogo da dirección, coa que temos tentado de chegar a un acordo en varias ocasións e que incumple sistemáticamente as súas promesas. Pola parte do persoal o ofrecemento de chegar a solucións negociadas está enriba da mesa. Se este ofrecemento non se ve atentido, lamentablemente teremos que tomar outras medidas.

Aínda estamos a tempo de deter este novo roubo e desmantelamento dun servizo público! Esixa o seu Correo diariamente! Non permita que lle rouben un novo servizo público!

Entre tod@s podemos conseguir defender os dereitos postais e a dignidade d@s traballadores/as de Correos.

Polo futuro do servizo postal público!

Por unas condicións laborais dignas no traballo postal!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.