1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

4793019651 ce79557b0f zGaliza - MIBG - A Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia, insta aos grupos parlamentarios a responder á iniciativa de desenrolar o Regulamento de Bombeiros de acordo coa lei 5/2007 de Emerxencias de Galicia.


Foto de Elentir (CC by-sa/2.0)

O 16 de maio de 2007 publicábase a Lei de Emerxencias de Galicia, que pretendía regular e homoxeneizar a prestación dos servizos de extinción de incendios e salvamento a nivel autonómico. Na súa disposición adicional terceira recollía no punto un o seguinte:

1.- A Xunta de Galicia, a través da consellería competente en materia de emerxencias e protección civil, impulsará as accións necesarias para homoxeneizar no prazo de tres anos as prestacións e as condicións de traballo en todo o territorio de Galicia dos servizos de prevención e extinción de incendios e de salvamento aos que se refire o segundo parágrafo da línea 2 deste artigo.

e no punto 3 o seguinte:

3.- No prazo dun ano desde a aprobación desta lei, a Xunta de Galicia, mediante proposta da
consellería competente na materia, promoverá a elaboración dun regulamento do bombeiro
profesional e do voluntariado.

Como queira que ditos puntos en concreto non foron desenrolados nos últimos oito anos, incumprindo o establecido na propia Lei, o 12 de febreiro pasado, dende a mesa intersindical presentouse por rexistro unha proposta de borrador de regulamento que permita avanzar no desenrolo dos mencionados puntos e arrancar un proceso negociador, dirixido á consellería de Presidencia, Administración Pública e Xustiza da Xunta de Galicia, e iniciáronse contactos para presentar a súa proposta aos diferentes grupos parlamentares.

No día 23 de abril, e sen recibir aínda contestación por parte da consellería de Presidencia, representantes da Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia mantiveron unha serie de reunións cos distintos grupos parlamentares para expoñerlles a situación actual e solicitar a súa iniciativa para arrincar o proceso.

Das citadas reunión sacaron o recoñecemento unánime da irregularidade da situación, en tanto que é un incumprimento da propia Lei de Emerxencias, e o compromiso de estudar o tema. Por parte dos grupos da oposición adquiriuse tamén o compromiso de impulsar iniciativas para pedir ao goberno que responda á súa petición de comezar a crear unha mesa de traballo na que debater a súa proposta e calquera outra que puideran poñer sobre a mesa, e desbloquear esta situación anómala.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.