1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

AteneuferrolanoGaliza - CNT - A Sección Sindical da CNT no Ateneo quere denunciar as manobras do PP para con esta entidade.


Foto no Domínio Público - Sede do Ateneu Ferrolano.

Ante a demanda presentada pola empresa de mudanzas contra esta entidade @s traballador@s do Ateneo esixen ao Concello gobernado polo PP, neste momento, que devolva o patrimonio desta entidade "que mantén secuestrado e que é de toda a cidadanía" e poder así desenvolver o seu traballo con normalidade e en igualdade de condicións.

Reclaman tamén a devolución dos espazos e metros cadrados da sede desta entidade durante 30 anos e que esta corporación négalle agora ao Ateneo. O goberno de Rey Varela trata de presentar de portas a fóra un compromiso con determinados valores, mesmo di apoiar actuacións encamiñadas a converter a nosa cidade en Patrimonio da Humanidade, pero o certo é que "movido por resentimentos partidistas non dubida en comprometer un conxunto patrimonial".

"O Concello de Ferrol non pode buscar evadir a súa responsabilidade" nunhas actuacións, traslado e almacenamento do patrimonio do Ateneo, que se realizaron como consecuencia dunhas obras contratadas pola devandita administración.

Denuncian que o Concello de Ferrol está a malgastar diñeiro público nos espazos do edificio do Ateneo, logo da inversión de máis de 1 millón de euros. Peches de salas de exposicións e de aulas para non ser utilizadas, buzóns, porteiros automáticos, telefonía... O peche dunha das salas supón non ter acceso ao sistema contraincendios do edificio nin acceso ao cadro das luces que teñen denunciado por rexistro dende hai meses sen resposta. Así como as graves deficiencias de construcción e de acabados que presenta esta obra recén rehabilitada e recepcionada polo goberno do PP que teñen presentado tamén por rexistro:

- Calefacción que non funciona.

- O material contraincendios que mostra irregularidades.

- Humidades e goteiras na cuberta, nos pisos inferiores e na entrada polo patio.

- Aseos coas pezas rotas ou descolgadas da parede.

- Portas e fiestras que non pechan nos aseos e mal frisadas.

- Balcóns do século XVIII nun estado deplorable.

- Canalones atascados que filtran auga.

- Saídas de emerxencia que non existen

- etc.

Dende a Sección Sindical da CNT no Ateneo queren salientar a labor desta nova Xunta Directiva que, non sin atrancos, foron capaces de poñerse ao día no pago da Seguridade Social, Facenda e acadaron un acordo con os traballadores, polas débedas de nóminas contraídas polo anterior equipo de Ramón Veloso. O Ateneo Ferrolán é unha entidade de carácter cultural, cun modelo de xestión económica que ocasiona un custo mínimo ó Concello, xa que hai 4 anos que non recibe ningún tipo de axuda ou subvención, cando durante décadas asinábase un convenio económico anual co Concello como múltiples asociacións seguen a ter en vigor.

A Sección Sindical da CNT no Ateneo responsabiliza ao goberno do PP e ao alcalde da cidade Rey Varela, ao que lle piden unha entrevista ao igual que a Directiva e non tiveron resposta, da posible perda de tres postos de traballo nunha comarca na que xa hai demasiada xente desempregada, por un conflito no que se ven inmersos e a súa situación laboral implicada, por non ter vontade dende esa corporación de buscarlle unha saída.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.