1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

telGaliza - CIG - En demanda do cumprimento dos convenios, a limitación da subcontratación en cadea e o recoñecemento do dereito á subrogación do persoal


A CIG-Industria ten convocada greve indefinida a partir do vindeiro martes 14 de abril, en todas as contratas e subcontratas de Telefónica-Movistar en Galiza para esixir o cumprimento dos convenios de aplicación, limitar a subcontratación en cadea e combater a precarización laboral que padecen os traballadores e traballadoras deste sector.

A convocatoria acordouse na asemblea de delegados/as de persoal da CIG-Industria celebrada a pasada semana para analizar as abusivas condicións de traballo que sofren as operarias e operarios das empresas encargadas da instalación e mantemento das liñas de Telefónica, e que previsibelmente empeorarán co novo baremo que vai aplicar a multinacional ás súas contratas.

Neste senso, dende a Federación de Industria explican que este é un sector altamente precarizado, en boa medida pola fragmentación do mesmo, dándose situacións de até tres niveis de subcontratación para un único contrato coa empresa principal. De feito, explica Ramón Fernández, da CIG-Industria, dende a propia Telefónica foméntase a competencia entre as contratas, así como a incorporación dos seus propios extraballadores e extraballadoras (cesados/as nos sucesivos EREs de Telefónica) a esta cadea de subcontratación como autónomos/as, ou a través de pequenas sociedades de nova creación.

Ante esta situación de precariedade, a CIG-Industria propón unha táboa reivindicativa básica que comeza coa demanda do cumprimento rigoroso dos convenios de aplicación (neste caso os provinciais do metal), especialmente en materia retributiva e de xornada de traballo.

Outras das cuestións fundamentais para a CIG é acadar fórmulas para restrinxir a subcontratación en cadea, pois a atomización do sector nunha multitude de pequenas empresas de reducidas dimensións e a masiva utilización de falsos/as autónomos/as "é un dos factores que está na fonte da precarización que padecen os traballadores e traballadoras". Tal é así, engade, que o persoal das empresas que forman o 2º grao de subcontratación teñen que aboar do seu propio peto os gastos de transporte.

Neste senso, matiza Fernández Alfonzo, o obxectivo da central sindical é acadar a limitación ao 1º grao de subcontratación descendente, ben a través do propio convenio colectivo da empresa principal ou a través de acordos específicos coas principais contratas e/ou nos convenios provinciais.

E neste mesmo ámbito normativo esixir o dereito de subrogación do persoal que presta servizos nas contratas de Telefónica-Movistar. "Este é un elemento importante para evitar a substitución fraudulenta dunha contrata por outra e dotar de estabilidade a este colectivo de traballadores/as", asevera.

Asembleas na Coruña e Vigo este mércores

Para enfrontar esta situación, a CIG ten convocada greve indefinida en todas as contratas e subcontratas de Telefónica-Movistar de Galiza e vai realizar asembleas de traballadores e traballadoras nos vindeiros días para chamar á participación masiva no paro. Así, o próximo mércores xa hai convocadas asembleas en Vigo e na Coruña. Nesta última cidade, a asemblea será ás 19:30 horas, no edificio de sindicatos (Avda. Alfonso Molina).

En Vigo, a asemblea será ás 19:00 horas no local da CIG (r/ Gregorio Espino, 47).

Convenio colectivo de Telefónica

As reivindicacións do persoal das contratas ten o apoio da Sección Sindical da CIG en Telefónica-Movistar que, na plataforma para o convenio colectivo que comeza a negociarse en breve, vai demandar a incorporación de cláusulas relativas á limitación da subcontratación ao 1º grao e a subrogación do persoal cando se produza un cambio de contratas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.