1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

viGaliza - CUT - Dende os anos 50, o día 7 de Abril celebrase o Día Mundial da Saúde. Cada ano a Organización Mundial da Saúde elixe un tema especifico, no ano 2015, o tema elixido e a "inocuidade dos alimentos".


Este ano PSA vai adicar o Día Mundial da Saúde, en colaboración co Sergas, ou sexa cos cartos de todos os contribuíntes, a facerlle os/as traballadores/as unha avaliación física.

Este repentino interes pola nosa saúde forma parte dun plan mais ambicioso, cha-mado "Plan Presentismo 2015". Un plan encamiñado a reducir os altos índices de absentismo que a empresa di soportar.

Para todos os Sindicatos presentes no Comité, os altos ritmos de traballo están detrás do absentismo da plantilla:

· Cada operario de PSA realiza unha media de 400 coches por día, en ocasións durante seis días a semana.

· Cada minuto, ou menos, dependendo do modelo, un vehículo pasa polo posto d@ traballador.

· En cada coche o traballador/a realiza como mínimo 20 operacións que lle levan no mellor dos casos 58 segundos.

· Nunha xornada de oito horas, hai xornadas de ata 13 horas, o traballador/a descansa un total de 37 minutos, incluído o tempo para comer o bocadillo, ir mexar ou fumar.

Esa é a realidade que se vive nos talleres. Unha realidade que esta a facer que mais do 50% das IT sexan por trastornos muscoesque-leticas.

Ademais dun alto índice de casos Neu-rosiquiatricos (depre-sión, stres,..) motivados pola presión de postos de traballo irrealizables, xunto as ameazas de despidos e sancións por non ser quen de desenrolar o teu traballo.

O acto a celebrar o día hoxe nesta fabrica se encadra dentro da política habitual de imaxe de PSA. PSA gusta de mostrar unha faciana de cara o exterior e outra no interior.

Mentres no interior ameaza con accións disciplinarias, ou cambios de contratos para reconducir o absentismo; no exte-rior desprega campa-ñas encamiñadas a dar a imaxe de empresa modelo.

De hai que hoxe esteamos aquí nas portas desta factoría para denunciar que os traballadores/as non somos culpables de caer enfermos, como esta dirección pretende facernos crer, e deixar claro que os principais interesados en conservar a nosa saúde somos nos, as traballadoras e traballadores.

O lema da pancarta é:

NA CITROËN AS AMEAZAS E OS DESPIDOS, SON AS MENCIÑAS


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.