1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

trabalhoGaliza - CIG - A reforma da Inspección de Traballo proposta polo PP lamina a posibilidade de que Galiza teña competencias plenas nesta materia.


A CIG e ELA emitiron un voto particular ao ditame do CES sobre o Anteproxecto presentado polo Goberno español
A representación de CIG e ELA no Consello Económico e Social emitiu un voto particular ao ditame sobre o Anteproxecto de Lei Ordenadora do Sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social, ao entender que o Goberno español pretende, mediante este mecanismo, coartar a transferencia das competencias en materia de inspección laboral ás autonomías. Unha reforma que responde á concepción ideolóxica profundamente centralista do PP e na liña das políticas recentralizadoras emprendidas polo goberno de Mariano Rajoy, coa complicidade da Xunta de Galiza.

Para a CIG este Proxecto de Lei –que inicia agora a tramitación parlamentar- constitúe un exemplo máis da vontade recentralizadora do Goberno do PP, posto que non se estabelece mecanismo nin procedemento algún para futuros procesos de transferencia da Inspección de Traballo e Seguridade Social. A este respecto, cómpre lembrar que no seu momento Galiza solicitou a transferencia desta competencia, mais coa nova reforma esta vía queda pechada.

Parece, pois, clara a vontade do PP de finiquitar tanto o proceso de transferencia da Inspección de Traballo ás autonomías que aínda non contan con esta competencia como laminar a mellora no caso das xa existentes. De feito, no voto particular, sublíñase "o afán da administración central por reservarse amplas estruturas con dependencia orgánica e funcional directa, sen querer avanzar cara a administración única nas materias transferidas".

Presenza da patronal na Inspección

Outro das propostas novas recollidas no Anteproxecto de Lei refírese á representación institucional das organizacións empresariais no Consello Xeral da Inspección de Traballo, seguindo o coñecido criterio da representación tripartita –administración, entidades empresariais e organizacións sindicais- que xa se dá noutros ámbitos máis xerais como o da Seguridade Social, os servizos públicos de emprego ou de saúde.

Porén, a patronal é a primeira interesada en boicotear o funcionamento da Inspección, por canto é o organismo que supervisa, controla e sanciona a actividade e actitudes empresariais. Abrir a porta á representación da patronal mediante a participación nun Consello Xeral –encargado de aprobar os plans e programas- supón que unha terceira parte deste organismo poderá incidir e condicionar o funcionamento da Inspección de Traballo en función dos seus intereses empresariais.

Resulta incomprensíbel que a representación do principal suxeito pasivo da Inspección poida ter intereses obxectivos a prol da mellora no funcionamento, a eficacia e eficiencia, e na dotación de recursos deste organismo.

Negociación previa

Finalmente, no voto particular, CIG e ELA critican o escaso debate que as propostas de ambas centrais sindicais tiveron no seo da Comisión de Traballo e Relacións Laborais, presumibelmente porque o anteproxecto xa fora negociado de xeito previo coas organizacións empresariais e sindicais máis representativas a nivel estatal, pero non así coa CIG e con ELA, que ostentan a condición de sindicatos máis representativos nas súas respectivas autonomías, vulnerando o estabelecido na Lei Orgánica de Liberdade Sindical.

Tal é así, que na propia referencia do Consello de Ministros do pasado venres indícase que a nova norma estaba incluída no acordo subscrito o 29 de xullo de 2014 entre o goberno español, a patronal e CCOO e UGT.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.