1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

310315 tribGaliza - CIG - A Sección Sindical da CIG pide avanzar cara un modelo retributivo que non contemple repartos de diñeiro de "forma inxusta e caprichosa"


A Sección Sindical da CIG na Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) vén de denunciar novamente o "escandaloso" e "arbitrario" reparto de produtividade nesta administración e, nomeadamente, na Delegación Especial de Galiza. Critican que se repartiron máis de 1.600.000 euros neste concepto entre os altos cargos, mentres a carreira profesional do resto de traballadores e traballadoras da AEAT está conxelada por falta de dotación económica, non se repón persoal por falta de medios, desmantélanse as pequenas Administracións da Axencia, e increméntase a presión sobre o resto dos/as empregados/as.

Para a representación da CIG -sindicato maioritario neste ámbito- non deixan de chamar a atención "as esaxeradas e escandalosas cantidades" que dende hai anos cobran os grupos altos da organización tributaria (Delegados/as, Inspectores/as, Xefes/as de Dependencia, etc,), e que se reparten "de forma arbitraria e caprichosa, sen criterios coñecidos", de tal maneira que un funcionario ou funcionaria deste grupo pode cobrar máis en concepto de produtividade que as retribucións totais anuais dun grupo C1 ou C2.

"Mentres o Goberno do Partido Popular conxela os salarios, penaliza as baixas por razóns médicas, recorta as vacacións ou reduce á mínima expresión as axudas sociais, a partida de produtividade non deixa de medrar para que os altos cargos da AEAT sigan incrementando o seu poder adquisitivo", denuncian.

Esta partida de produtividade situouse en máis de 80 millóns de euros durante o ano 2014, véndose incrementada respecto anos anteriores polo subterfuxio dun 'Plan Especial de Intensificación de Actuacións', en teoría para loitar contra o fraude, "pero que na práctica serviu para encher os petos deste grupo privilexiado dun xeito escandaloso".

Este Plan, púxose en marcha por primeira vez no 2014 "e contou coa complicidade de todos os sindicatos, agás a CIG". Neste ano 2015 vólvese pór en marcha, mais nesta ocasión mediante imposición unilateral da AEAT. "Desde a Sección Sindical da CIG opuxémonos desde un principio a este malgasto, negándonos a avalar coa nosa sinatura este tipo de dispendios".

Neste senso, apuntan que no actual contexto de recortes e crise que afecta a milleiros de familias "parécenos inxusto e inmoral que haxa funcionarios/as que se embolsen até 32.000€ anuais só en concepto de produtividade". En total, na Galiza os altos cargos repartíronse neste concepto máis de 1.686.000 euros, mentres a carreira profesional do resto de traballadores e traballadoras da AEAT está conxelada por falta de dotación económica, non se repón persoal por falta de medios, desmantélanse as pequenas Administracións da AEAT, e increméntase a presión sobre o resto do persoal para cumprir os obxectivos.

"Desde a CIG esiximos que a partida de produtividade pase a complementar as retribucións fixas, que se elimine este concepto arcaico que só sirve para ter contentos a unhas poucas persoas, e se vaia avanzando cara un modelo retributivo que non contemple repartos de diñeiro de forma inxusta e caprichosa".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.