1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

354368423 24663460bb zGaliza - SIBGAL - A Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia, reuniuse en sesión extraordinaria na xornada de hoxe, para tratar entre outros asuntos as exposicións feitas por Salvador Fernández Moreda, no último pleno da Deputación de A Coruña, e que recolleu a prensa o pasado sábado 28 de marzo.


Dende a Mesa Intersindical queren manifestar que lamentamn este tipo de declaracións, que fan dubidar da postura oficial do grupo PSOE, pois distan moito do que resulta das proposicións non de Lei que ven facendo dito partido no Parlamento de Galicia.

O señor Salvador Fernández Moreda, non falou con ningún compoñente desta Mesa Intersidical para coñecer as preocupacións e pretensións que teñen os bombeiros que traballan nos Parques de Bombeiros de XESTIÓN PRIVADA en Galicia, polo que estes descoñecen os intereses que se agochan detrás dese posicionamento.

Queren deixar claro, que a postura das bombeiras e bombeiros dos Parques de XESTIÓN PRIVADA, é que NON PREFEREN SERGUIR COMO ESTÁN, tal e como se pode deducir da folga retomada recentemente e que ten unha duración indefinida. A estabilidade laboral que plantexa a situación actual é pan para hoxe e fame para mañán.

O pasado 12 de febreiro, a Mesa Intersindical presentou no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, unha proposta de Estatuto de Bombeiro que contempla o rescate do servizo, cun proceso non condicionado para a consolidación dos postos de traballo, polo que novamente o Señor Moreda fala sen coñecemento de causa.

Por tanto, as e os bombeiros pregan ao Grupo Socialista, que aclare de xeito oficial a súa postura no tocante á fórmula que entende máis axeitada (directa ou indirecta, pública ou privada) para a Prestación dos Servizos de Extinción de Incendios e Salvamento, e de igual xeito que o Señor Moreda rectifique o seu posicionamento ou alo menos as súas verbas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.