1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

270315 acidenteaveGaliza - CIG - Empresas adxudicatarias das obras do AVE en Ourense recoñecen que as desavinzas con Adif están detrás dos despedimentos masivos.


A Unión Local da CIG de Verín e A Limia presentará denuncia de conflito colectivo en representación dos traballadores/as afectados/as.

Tal e como denunciou a Unión Local da CIG de Verín e A Limia e vén de corroborar unha das adxudicatarias, o despido masivo de traballadores/as das obras no treito do AVE Cerdedelo-Prado, no concello de Laza, débese á disputa que as empresas manteñen co Xestor de Infraestruturas Ferroviarias do Ministerio de Fomento (Adif) "sobre unha pretendida modificación do proxecto das obras contratadas". A central nacionalista presentará denuncia de conflito colectivo en representación dos traballadores/as afectados/as.

Segundo explican dende a Unión Local da CIG de Verín e A Limia, os desencontros entre as empresas e Adif teñen a ver co que a UTE Cerdedelo-Prado denomina especificamente "a imposibilidade de poder continuar cos traballos de escavación do túnel dende o emboque deste, ao non ser posíbel chegar sequera ao límite dos 900 metros dende a última galería".

Ademais, a central critica que tres meses despois de comezar a despedir a todos os traballadores/as do citado treito, a dirección da UTE procura legalizar as infraccións laborais nas que podería ter incorrido enviando unha comunicación da decisión sobre extincións masivas de contratos de traballo á Comisión Paritaria do Convenio Colectivo para o Sector da Construción da Provincia de Ourense e anunciando un "inexistente" compromiso de readmisión dos despedidos/as cando se reinicien as obras.

Con respecto ás desavinzas entre a UTE e Adif, dende a CIG recoñecen que as diferenzas no desenvolvimento do proxecto non competen á central sindical ao situarse no ámbito das relacións derivadas da contratación pública, "mais veñen a acreditar o denunciado con anterioridade: "que quen está a pagar as consecuencias destes desencontros entre ambas entidades son os traballadores/as do AVE".

Diante disto, a CIG reitera a necesidade de que o Ministerio de Fomento, "tal e como reclamabamos na comunicación enviada ao subdelegado do Goberno español", tome cartas no asunto para que os traballadores/as non sigan a ser as vítimas dos erros do propio organismo estatal, "no caso de que teña razón a UTE nas súas demandas", ou da presión da UTE, "no caso de que se estea a producir un incumprimento de contrato, co obxecto de que o Ministerio o modifique".

Fecho patronal ilegal

Por outra banda, a central censura que as empresas pretendan agora legalizar "a touro pasado" o que podería constituír un peche patronal ilegal -que tivo como consecuencia o despedimento masivo de traballadores/as-, tal e como se desprende da comunicación enviada pola UTE á Comisión Paritaria do Convenio Colectivo para o Sector da Construción da Provincia de Ourense.

"Non é viábel xuridicamente que tres meses despois de comezar a despedir traballadores/as apelen ao artigo 35.5 do Convenio Colectivo da Construción de Ourense, como fai a UTE Cerdedelo-Prado, para argumentar a existencia dunha causa imprevisíbel que, supostamente, tería conducido a realizar os despedimentos masivos denunciados", explican.

Así, lembran que o citado artigo 35.5 do convenio preceptúa que "de producirse a paralización temporal dunha obra por causa imprevisíbel para o empresario/a e allea a súa vontade, tras dar conta pola empresa á representación legal dos traballadores/as ou, no seu defecto, á Comisión Paritaria Provincial, operarán a terminación de obra e cesamento previstos".

A maiores, indican que a norma dispón que a Comisión Paritaria Provincial conta cun prazo dunha semana pra dar resposta a tal comunicación. "Neste caso, a dación de conta da empresa á Comisión Paritaria Provincial fíxose a posteriori, con tres meses de atraso, circunstancia que torna tal acción en nula de pleno dereito", sosteñen.

Con todo, consideran que é claramente discutíbel que a paralización da obra se producise por causa imprevisíbel allea á vontade do empreario/a, "posto que a suspensión dos traballos deriva dunha decisión unilateral, produto da negociación dun contrato público do que o empresario/a fai parte e non dunha situación de forza maior ou caso fortuíto".

No que atinxe ao compromiso de readmisión que a UTE di ter establecido cos traballadores/as, indican que "non hai máis que ler algunhas das carta de despido para comprobar que se trata dun ofrecemento inexistente".

Diante disto, a CIG de Verín e A Limia anuncia que adoptará as seguintes medidas:

-Presentación dunha denuncia na Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social por infracción en materia laboral dos dereitos dos traballadores/as despedidos/as.

-Presentación de demanda de Conflito Colectivo nos Xulgados do Social de Ourense en representación de todos os traballadores/as das empresas que operan no treito do AVE Prado-Cerdedelo e que viron extinguidas as súas relacións laborais dende o 15 de xaneiro do 2015, reclamando tanto o pago dos salarios xerados dende esa data até a actualidade; tamén se solicitará a realta na Seguridade Social de todos os operarios/as por considerar fraudulentas as extincións de contrato.

-Reclamación á Subdelegación do Goberno español para que actúe e tome as medidas precisas nesta materia.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.