1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

8747865254 1591c3f4da zGaliza - Coletivo Celga - Mais unha vez, este colectivo demanda dos poderes públicos que se convoquen os cursos deste ano conforme á Lei e se executen as sentenzas emitidas para que este profesorado se poida reincorporar, dunha vez por todas, aos seus postos de traballo.


Foto do Diário LIberdade - CC by-nc-sa/2.0 - Manifestaçom polo Dia das Letras Galegas em 2013.

O Colectivo de Profesorado da Secretaría Xeral de Política Lingüística, celga e linguaxes específicas, leva desde mediados de febreiro intentando que o novo conselleiro de Educación, do que orgánica e administrativamente depende, fixe unha data de reunión para chegar a un entendemento tras as últimas sentenzas emitidas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza en contra de estimaren os recursos de suplicación que a Xunta de Galiza presentara contra as sentenzas de primeira instancia que lle daban a razón a este colectivo, e tamén para preguntarlle cal está a ser o problema para que, a primeiros de marzo, aínda non saísen convocados os cursos de formación en galego para as persoas adultas.

Despois de realizaren, infrutuosamente, varias chamadas e enviaren varios correos electrónicos solicitando esta data de reunión, o colectivo de profesorado da SXPL interpreta a “calada por resposta” coma unha clara mostra de desinterese polo diálogo por parte do novo conselleiro de Educación.

Mais unha vez, este colectivo demanda dos poderes públicos que se convoquen os cursos deste ano conforme á Lei e se executen as sentenzas emitidas para que este profesorado se poida reincorporar, dunha vez por todas, aos seus postos de traballo.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.