1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

querGaliza - CIG - Os datos amosan que só un 9,6% dos contratos subscritos neste período foron indefinidos.


Os datos do paro rexistrado amosan que o número de desempregados/as baixou en Galiza en febreiro en unicamente 1453 persoas, o que supón un descenso do 0,56% con respecto ao mes anterior. Dende a CIG denuncian que só un 9,6% dos contratos subscritos neste período foron baixo algunha modalidade de contratación indefinida e alertan dunha cada vez maior precariedade no emprego.

O mes de febreiro acostuma ser un mes desigual con respecto á evolución do desemprego, polo que ben pode rematar tanto con incrementos como con descensos; no noso país este comportamento foi positivo durante dous anos consecutivos, o que sitúa o número de parados/as inscritos nas oficinas do SEPE en 257.549 desempregados/as, 1453 menos que en xaneiro.

No que respecta á media estatal, o descenso foi do 0,3%; ao mesmo tempo, en practicamente todas as comunidades se produciron baixadas no paro rexistrado.

Ao igual que na media do Estado, o descendo de desempregados/as produciuse en todos os sectores económicos, sendo a construción, cun 2,29% menos de parados/as, no que se rexistrou a maior caída; a continuación sitúase a industria cun 1,50%; en terceiro lugar o sector servizos, onde o número de parados/as apenas variou, xa que o descenso foi só dun 0,1%.

A nivel provincial, o paro descendeu en todas as provincias galegas salvo na de Ourense, onde se incrementou un 0,4%. Na provincia de Pontevedra tan só se produciu un descenso do 0,09%, equivalente a 94 persoas.

Asemade, o número de contratos rexistrados no mes acadou a cifra de 53.692, dos que tan só un 9,6% foi inscrito baixo algunha modalidade de contratación indefinida; isto vén a demostrar a nula influencia das axudas á contratación indefinida, manténdose un nivel de precariedade no noso mercado laboral "impresentable".

No que atinxe á afiliación á Seguridade Social a cifra incrementouse un 0.5% con respecto ao mes anterior, acadando os 917.800 afiliados/as de media en febreiro; con respecto ao ano anterior a subida foi do 1,6%.

Cada vez maior precariedade

A pesar da evolución destes indicadores durante o mes de febreiro, dende a CIG salientan que estamos a falar duns datos meramente conxunturais. Ao mesmo tempo, o secretario confederal de Emprego e Industria, Miguel Malvido, denuncia que os postos de traballo que se están a crear son cada vez máis precarios, tal e como amosan os datos da propia Axencia Tributaria: a maior parte do emprego que se creou no último ano corresponde a traballadores/as cuxos ingresos non acadaron os 1900 euros brutos anuais.

Diante disto, a central nacionalista vén de iniciar unha campaña nacional para reclamar emprego e salarios dignos que se desenvolverá ao longo deste ano e que incluirá reivindicacións concretas en cada unha das comarcas do país atendendo aos distintos sectores produtivos.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.