1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

010315 navGaliza - CIG - En demanda do cumprimento dos acordos as centrais sindicais chaman á non realización de horas extraordinarias.


Este xoves, os traballadores e traballadoras da industria auxiliar de Navantia secundaron de xeito masivo unha nova xornada de mobilizacións en demanda do cumprimento dos acordos laborais e salariais. O persoal, que contou co apoio dos traballadores/as da empresa principal, secundaron un paro de hora e media, unha concentración diante das oficinas da industria auxiliar e unha asemblea-concentración na cabeza da grada.

Vicente Vidal, Secretario Comarcal da CIG-industria, explicaba que as centrais sindicais teñen convocados os empresarios das auxiliares para o mércores próximo nas instalacións de Navantia, co obxectivo de abordar a situación de incumprimento dos acordos laborais e salariais que rexen para as industrias que traballan dentro do estaleiro.

Ademais, sinalou, acordouse cortar a realización de horas extraordinarias, polo que a representación social pediu un listado de persoal de cada quenda de traballo. "Se na xuntanza que temos o martes coa comisión das auxiliares se constata que se seguen facendo horas extraordinarias, convocaremos aos delegados e delegadas para actuar contundentemente", indicou.

A este respecto, denunciou que se está a obrigar a traballadores/as en obra nova a realizar xornadas diarias de até 15 horas, sen que, ademais, lles apliquen as condicións estabelecidas nos acordos. "As nosas reclamación son simples: a igual traballo, igual salario, e que se reparta a carga en contratacións e non en ampliacións de xornada. Porque non hai que esquecer que existen 3.000 traballadores/as das auxiliares no paro e en moitos casos sufrindo situacións verdadeiramente dramáticas".

Sobre esta cuestión, Vidal apuntou que na súa páxina web Navantia fachendea da súa política de conciliación, mais isto entra en contradición coas condicións nas que permite que as súas subcontratas teñan ao persoal. "Como se pode conciliar traballando 15 horas ao día, levando a túa familia ao estaleiro?",pregunta.

Á espera do resultado das xuntanzas da próxima semana, se as empresas auxiliares continúan sen cumprir os acordos, o persoal non descarta seguir coas mobilizacións, mais facéndoas coincidir co novo calendario de protesta que prepara o cadro de persoal de Navantia, xa que conflúen nas demandas: a defensa das condicións laborais nos estaleiros e a consecución de carga de traballo que permita manter e recuperar os miles de postos de traballo do sector destruídos nos últimos anos.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.