1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

270215 compGaliza - CNT - Os nosos 2 compañeiros despedidos en xuño tras o concurso de traslados do persoal informático da Xunta veñen de recibir sentenza desfavorable logo do xuizo celebrado o pasado decembro.


Nesta sentenza, como dato a significar pola influéncia que ten para tod@s, aválase o despido da compañeira Laura F. que cesou no seu posto pese a que a persoa elixida no concurso non o chegou nunca a ocupar. O argumento esgrimido é de que dentro da AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galiza) o persoal é intercambiable e o mesmo da que traballe nun sitio que noutro, nunha consellería ou noutra ou cunhas funcións ou con outras.

Así, desde a sección sindical de CNT na Xunta queremos sinalar o seguinte:

-Que no concurso de traslados do persoal informático se produce unha amortización de prazas encuberta, pois son varios os casos de informátic@s da Xunta que resultaron despedidos tras serenlle escollidas e adxudicadas as súas prazas a compañeiros participantes nos concursos que nunca as chegaron a ocupar.

E como tod@s sabemos a amortización de prazas produce o deterioro do servizo público e incrementa a contratación privada.

-Que a Xunta, coacciona ao persoal nos concursos de traslados arrogándose a potestade de manipular o resultado do concurso. No caso concreto da AMTEGA, dando lugar a que uns compañeir@s sexan despedidos (tras ser ocupada finalmente a súa praza ou non), a que a outros se lles permita moverse, ou quedarse, ou a que a algúns se lles prohiba ir á praza que gañaron no concurso... en fin, facer dos concursos o que lles de a gana.

Así, o concurso de traslados que se debera basear nun concurso de méritos onde o tempo traballado, a categoría, cursos realizados, etc servirían para optar ao posto que máis se axuste a intereses persoais como características do posto tanto salariais como de ubicación, convértese nun concurso de crédito xa que o único importante para o este concurso é a remuneración do posto escollido xa o demais, sexa o traballo que se realiza como a ubicación do posto, non cambia.

Agardemos que o recurso presentado polos compas ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza traia millores noticias para tod@s.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.