1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

130215 vigoGaliza - CIG - Delegados/as da central analizaron en asemblea a situación económica e laboral da comarca e saíron en manifestación até o hospital Xeral para rexeitar as privatizacións e os recortes na sanidade pública.


Delegados/as da central analizaron en asemblea a situación económica e laboral da comarca e saíron en manifestación até o hospital Xeral para rexeitar as privatizacións e os recortes na sanidade pública

A CIG celebrou hoxe en Vigo o primeiro dos actos incluídos na campaña nacional que a central vén de poñer en marcha para reclamar emprego e salarios dignos e que se desenvolverá ao longo deste ano, segundo anunciou o secretario xeral, Suso Seixo. Centos de delegados/as sindicais analizaron en asemblea a situación económica e laboral da comarca e a continuación saíron en manifestación cara ao hospital Xeral para rexeitar as privatizacións e os recortes que a Xunta do PP está a aplicar na sanidade pública galega.

O secretario comarcal da CIG de Vigo, Alberte Gonçalves, foi o encargado de presentar o acto e de expoñer as liñas xerais do informe elaborado polo gabinete técnico de Economía da central nacionalista sobre a situación económica e laboral da comarca [documento dispoñíbel ao remate da nova].

Gonçalves incidiu especialmente na elevada taxa de paro, na cada vez maior precarización do emprego, na desaparición de sectores chave para a bisbarra e no incremento da pobreza e da exclusión social como consecuencia das políticas que están a aplicar os Gobernos español e galego.

Fronte a isto, amosouse convencido de que "a capacidade de reacción e o poder do cambio está nas nosas mans" e apostou tanto pola mobilización como por achegar alternativas que permitan un maior crecemento económico e a creación de emprego de calidade. Citou en concreto a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) con 100 medidas que promoveu a CIG e que foi rexeitada no Parlamento galego polo PP.

Propostas concretas por comarcas e sectores

Pola súa banda, o secretario xeral da CIG explicou que a campaña en defensa do emprego e dos salarios dignos -cuestión que Suso Seixo situou como principal problema da clase traballadora na actualidade- vaise prolongar durante 2015 e incluirá reivindicacións concretas en cada unha das comarcas do país e tamén atendendo aos distintos sectores produtivos.

O máximo responsábel da central nacionalista achegou tamén unha serie de cifras que amosan a situación de emerxencia que atravesa o noso país, "con máis de 300.000 persoas na pobreza e uns 200.000 empregos perdidos dende 2007". Seixo incidiu en que o único colectivo de traballadores/as que medrou en Galiza foi o que ingresa arredor de 150 euros brutos ao mes, unhas 177.000 persoas.

Ao mesmo tempo, amosouse moi crítico co recente pacto social asinado por CCOO e UGT e a patronal española e insistiu en que "por esa vía non imos ter solucións". Denunciou que as sucesivas reformas laborais perseguían unha baixada xeralizada dos salarios e os cambios na negociación colectiva buscaban debilitar a desposta da clase traballadora. "Agora queren modificar tamén a lei de folga", advertiu.

Finalmente, lembrou que nos atopamos en ano electoral e subliñou que "o noso voto é importante para cambiar a correlación de forzas nos Concellos a favor de organizacións que defendan os intereses da clase traballadora e para desaloxar a quen está a aplicar estas medidas tan duras contra todos/as nós".

Ao final da sesión abriuse unha quenda de palabras e interveu o secretario xeral do SUNCA (Sindicato Único da Construción e Afíns/PIT-CNT) e deputado do Partido Comunista do Uruguai, Óscar Andrade, que se atopa en Vigo para participar no Secretariado da Unión Internacional dos Traballadores/as da Construción e da Madeira (UITBB), federada na Federación Sindical Mundial (FSM), que se celebra este venres e sábado nos locais da CIG na cidade.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.