1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

cntlabarracaGaliza - CNT - Domingo ás 12:00 terá lugar en Betanzos, diante do establecemento "La Barraca" unha concentración enmarcada "nunha campaña de protesta e denuncia social ante os continuos atropellos que están a sufrir as traballadoras de esta empresa", explica a CNT.


Historia do Conflicto

Segundo a versión da CNT, La Barraca, establecemento hosteleiro sito na Praza do Campo en Betanzos, tiña traballando ás compañeiras da CNT nunha situación de explotación total. Non se lles aplicaba o convenio de Hostalaría e estaban obrigadas a traballar máis de 10 horas diarias sen días libres nen vacacións. Aínda así e una vez que foron renovados os seus contratos temporáis, decidiron organizarse e constituíron unha Sección Sindical da CNT na empresa.

Sempre segundo a CNT, cando lle comunicaron ao empresario que querían negociar as suas condicions de traballo, o encargado do establecemento deulles o despido inmediato. As traballadoras e a CNT denunciaron o despido, e meses despois o Xulgado de A Coruña emite sentenza que declara nulos os despidos e a obriga da empresa a pagarlles os salarios de todos estos meses. A empresa está dando largas non acatando a sentenza, e négase a readmitilas.

Ademáis durante o proceso sae a luz que esta empresa non cotizou á Seguridade Social por ningún dos traballadores que ten en Galicia, polo que estamos ante un fraude a gran escala.

Qué esixen as traballadoras e a CNT?

A readmisión das 3 despedidas, o cumprimento da sentenza e pago de salarios atrasados e cumprimento da xornada laboral e da taboa salarial do Convenio de Hostalaría.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.