Un importante número de traballadores das gasolineras da comarca deron o paso de afiliarse no sindicato con intención de organizar a defensa dos dereitos básicos recollidos nun Convenio Estatal.
Desde CNT iremos dando formación tanto dos aspectos principáis do Convenio como dos dereitos e obrigacións das empresas con respecto a un tema tan importante neste sector como é a Saúde laboral (riscos de incendios/explosións/descargas eléctricas/ riscos químicos etc)
O Coñecemento das medidas de prevención é básico para o desenvolvemento dun traballo seguro. Outros aspectos como as retribucións, as categorías profesionáis e o calendario laboral, serán postas en común entre todos os traballadores para facer un estudo dos incumprimentos que poideran estar cometendo as diferentes empresas do Sector.
Desde CNT-Betanzos, animamos a todos os traballadores e traballadoras das gasolineras a contactar con nós. Cantos máis estemos organizados máis nos respetarán. A loita non se pode facer en solitario.