1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

6341475800 8bffb7fb34 zGaliza - CIG-Autonómica - A Conselleria do Medio Rural e do Mar achegou ás organizacións sindicais documentación funcional e económica da nova proposta de Relación de Postos de Traballo na que destaca a destrución doutros 130 postos de traballo, dos cales 80 corresponden a persoal funcionario e 50 a persoal laboral. A xuntanza para discutilo será o día 3 de febreiro.


Foto do PPdeG (CCby-nd/2.0)

Ésta proposta de amortización levarana ao efecto dacordo coa Lei 11/2014, do 19 de Decembro, de Orzamentos Xerais para o ano 2015, aprobada no Parlamento Galego, coa maioría do partido liderado polo Sr. Feijóo.

Non lles chegou, non lles abondou coa amortización de postos na Conselleria do Medio Rural e do Mar de fai uns meses atrás, que agora voltan as andadas cunha nova proposta, o que fai que nos derradeiros meses dilapiden centos e centos de postos de traballo públicos, ós cales, dende a CIG veñen reiterando por activa e por pasiva a súa cobertura, dada a necesidade de efectivos nos diferentes centros. A CIG faralle frente, tanto na rúa coma nas mesas de negociación polas que discurra esta proposta de modificación, xa que entenden "da necesidade imperiosa de seguir mantendo os empregos públicos existentes, rexeitando polo tanto calquer modificación que se leve ao efecto polo Partido Popular".

"Ao goberno do Sr. Feijóo non lle importa amortizar postos de traballo en servizos de emerxencia tan esenciais e/ou primordiais para o noso medio ambiente coma o de extinción de incendios forestais, no cal, destrue nin máis nin menos que 30 postos de traballo", polo que a CIG pregúntase que vai acontecer entón con este servizo de emerxencias, no que ó Partido Popular non lles abonda non cubrir os postos de traballo, senón que aínda propoñen a eliminación destes, co conseguinte incremento de carga de traballo para o resto de persoal, aumentando desta maneira os riscos de accidentes laborais e/ou enfermidades profesionais: "Isto ao nosos gobernantes non lles quita o sono, saben sobradamente da profesionalidade dos traballadores e traballadoras do servizo contra incendios, polo que antepoñen máis carga de traballo para os seus empregados e empregadas a cambio de eliminación de postos de traballo".

Resulta curioso e/ou anecdótico que a Conselleria do Medio Rural e do Mar se excuse para amortizar os citados 130 postos de traballo en axustamento orzamentario de cara a cumprir os obxectivos marcados, dacordo coa Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autonóma de Galiza para o ano 2015, cando por outra banda, van gastar, mellor dito, tirar ao lixo máis de oito millóns de euros na contratación dun servizo integral dun helicóptero e brigada para a prevención e defensa contra incendios forestais nos vindeiros anos 2015, 2016 e 2017.  Na CIG non entenden que "por unha banda eliminan postos de traballo públicos, e por outra anuncian a contratación dunha cuadrilla pola empresa privada. A isto chamámoslle PRIVATIZACIÓN DO SERVIZO, PURO E DURO!. Non nos enganemos, é a política que veñen facendo dende anos o Partido Popular".

A CIG-Autonómica está a estudar as posibilidades de iniciar medidas xudiciais.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.