1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

arthemia logoGaliza - AIS O Peto - AIS (ASOCIACIÓN POLO  INTERESE SOLIDARIO) O PETO está de aniversario e neste 2015 cumpre 10 anos, polo que desenvolverá una serie de actos conmemorativos  os vindeiros  días 30 e 31 de xaneiro.


Esta celebración realizarase no Colexio La Salle de Santiago de Compostela, contando con distintas actividades:

Venres día 30:  20.30 H  Charla do profesor  Arcadi Oliveres (Economista, profesor da Universidade Autónoma de Barcelona, e activista da organización Xustiza e Paz ) sobre: "Outras crises e outras formas de saír delas".  Xusto hai dez anos unha visita deste profesor a Compostela impulsou esta iniciativa

Sábado día 31:  17.00 H Asemblea Xeral Anual de AIS O Peto.

19.00 H Proxeción do documental sobre Arcadi Oliveres "Nunca é tan oscuro" ("Mai és tan fosc")

21.00H Comunicación de Experiencias de Proxectos de Autoemprego financiados por AIS O PETO

22.00 H  Petiscos e actuacións musicais para amenizar a velada, coas actuacións do  cantautor Xosé Constenla e o grupo Andasoa.

Asociación por un Interese Solidario (AIS) O Peto, é unha asociación sen ánimo de lucro que alenta e propón unha economía ao servizo da persoa. Que se encadra no entramado da economía alternativa e concretamente no nível micro, da banca ética. É autoxestionaria e promove unha forma solidaria de aforro e de inversión ética a través de pequeñas achegas a proxectos de autoemprego, sendo en todo cada decisión económica que se adopta, no último termo, unha decisión ética. Así, o noso aforro converteuse nunha oportunidade para persoas que pertencen a colectivos con dificultades de inserción. Decenas de microproxectos de autoemprego foron financiados ao longo destes últimos dez anos cos aforros de centenares de galegos e galegas solidarias, que investiron os seus aforros e obtiveron tamén, nun modelo substentable, uns beneficios razoables ao tempo que ofrecían unha oportunidade para esas persoas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.