1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

280115 amesGaliza - CIG - O concello de Ames vulnerou o dereito fundamental á greve do persoal do servizo Bos Días.


A sentenza condénao a pagar 500 € en concepto de costas do litixio

O xulgado do contencioso administrativo número de 2 de Santiago vén de emitir sentenza contra o concello de Ames declarando a nulidade dos servizos mínimos decretados durante a folga convocada pola CIG no servizo de Bos Días Cole. Na sentenza considérase que houbo "total falta de motivación da resolución municipal" e condénase á entidade local a pagar 500€ polas costas do litixio.

A greve foi convocada o pasado día 13 de novembro para reclamar a readmisión dunha traballadora despedida por Órbita Infantil, empresa concesionaria do servizo de Bos Días Cole, e co obxectivo de presionar ao concello para que asumira as súas responsabilidades nesta cuestión.

Con este motivo, o alcalde de Ames determinou o número de monitoras/es que terían que prestar os servizos mínimos nos cinco centros educativos durante a xornada de greve. Uns servizos mínimos que a CIG considerou abusivos e que denunciou por entender que vulneraban o dereito á greve das e dos traballadores.

A sentenza non entra a valorar se os servizos mínimos eran ou non desproporcionados. Porén, si afirma que "o alcalde fixou uns servizos mínimos que carecen de calquera motivación, por máis que poida ser acertado o número de monitores/as determinados en tal resolución, do 4 de novembro de 2014, que ten que ser anulada".

Considera que "o que non se pode compartir é que sexa un servizo esencial un servizo municipal non obrigatorio" e por iso procede a estimar o recurso presentado polo procedemento especial para a protección dos dereitos fundamentais das persoas.

A sentenza non é firme polo que o concello de Ames pode interpor recurso de apelación. Porén, agora xa se lle condena a pagar as costas deste xuízo e a CIG entende que "sería unha irresponsabilidade presentar un recurso para ter que pagar novamente". Ademais a CIG-Servizos de Compostela considera que, deste xeito, "o alcalde do PP poría aínda máis en evidencia a súa defensa dos intereses dunha empresa fronte os das e dos traballadores"

Ante isto exixe responsabilidades ao alcalde de Ames, Santiago Amor, "por terse entrometido nun conflicto laboral posicionándose de parte da empresa que inxustamente despediu a unha traballadora", explica Aitor Sebio, quen lembra que a propia empresa, Órbita Infantil, recoñeceu que este despedimento era improcedente e que mesmo abonou á traballadora unha indemnización que sería suficiente para pagarlle o salario de todo o curso escolar.

A CIG-Servizos reitera que é "inadmisíbel" que unha empresa que percibe cartos públicos a través do Concello utilice os mesmos para despedir o persoal cando é evidente que o feito de ter menos traballadoras/es vai provocar perda calidade.

Rsponsabiliza ademais ao concello de Ames por manter a concesión a unha empresa que "non respecta os dereitos das traballadoras".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.