1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

201214 greve lugoGaliza - CIG - Greve parcial no Hotel Jorge I e concentración diante do Gran Hotel de Lugo en demanda do cobro dos salarios.


As dúas empresas xa asumiron como práctica habitual os continuados atrasos no pago das nóminas ao persoal.

O lustre que desprenden as estrelas dos hoteis de luxo queda pronto ocultado por realidade laboral que teñen que sufrir os traballadores e as traballadoras. Destas situacións dan boa conta o persoal do Hotel Jorge I –que hoxe secundou unha greve parcial de tres horas- e do Gran Hotel de Lugo, que continúa coas mobilizacións semanais en demanda do cobro dos seus salarios.

No caso do Hotel Jorge I (de catro estrelas), os traballadores e as traballadoras veñen arrastrando problemas dende hai tempo, e nestes momentos teñen pendentes de cobrar unha media de tres meses de salario, aínda que a algún/ha empregado/a se lle adebedan máis cantidades. Ademais, boa parte do persoal xa ten presentado demandas xudiciais reclamando o pagamento dos salarios ou pedindo a extinción dos contratos.

Hai una ano, o estabelecemento foi vendido nunha operación dubidosa, segundo alerta o Secretario Comarcal da CIG de Lugo, Antonio Niño, e dende entón todo son problemas. De feito, engade, a día de hoxe o hotel xa non ten páxina web, e nin sequera figura en ningún dos principais operadores de reservas por internet, "o cal supón unha importante baixada no numero de reservas. E estanse anulando eventos contratados ante a desconfianza que xera a situación que atravesa", advirte o Secretario Comarcal.

A greve, que se realizou entre as 13 e as 16 horas, foi secundada pola práctica totalidade do cadro de persoal, farto de aturar os impagamentos por unha empresa totalmente falta de iniciativa e cuxa dirección leva máis de un mes desaparecida. "Comunicaron que ían buscar financiamento ao estranxeiro e xa non se soubo nada máis deles, deixando o barco á deriva", denuncia Niño.

Durante o paro non houbo ningunha incidencia, "sendo moi positiva a reacción dos clientes e en especial do equipo El Pozo Murcia, que se aloxaba no Hotel e que transmitiu a súa solidariedade ao cadro de presoal e incluso renunciaron a comer no hotel onde tiñan contratado e desprazándose logo en taxi a outro establecemento", explica.

Tras do éxito da greve deste venres, xa está convocada unha nova xornada de paro parcial para o día 28 de decembro, mais nesa ocasión será das 14 ás 18 horas.

Falta de pagamento tamén no Gran Hotel

Pola súa banda, os traballadores/as do Gran Hotel de Lugo, tamén de luxo, continúan coas mobilizacións semanais para reclamar o cobro dos salarios adebedados e que se remate cos continuados atrasos. A día de hoxe teñen pendente de percibir as dúas últimas mensualidades e cantidades anteriores.

Os problemas laborais nesta empresa veñen sendo habituais dende hai dous anos, tempo no que os traballadores/as non cobraron nin unha soa vez os seus salarios no tempo marcado no convenio de aplicación.

Campaña da CIG de Lugo

Ante o continuo incremento de empresas que adebedan nóminas aos seus traballadores e traballadoras, que se ten convertido nunha tónica xeneralizada e continuada en moitos centros, a CIG de Lugo A Mariña acordou iniciar unha campaña de denuncia pública "que consistirá en confrontar sindicalmente con absoluta contundencia e con todos os medios que teñamos á man estas situación nas empresas en que temos representación e presenza sindical, así como trasladar a través dos noso delegados e delegadas esta problemática a todos os centros de traballo a que teñamos acceso".

Esta situación, engaden, provoca unha absoluta indefensión entre os traballadores e traballadoras afectadas, posto que nin cobran nin son despedidas/os, asumindo a patronal con absolutamente naturalidade que traballen gratis.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.