1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

181214 alcoaGaliza - Corrente Vermelha - Os "desacordos" entre a multinacional Alcoa e as multinacionais do sector eléctrico supoén unha pelexa pola factura eléctrica; coma sempre os que poden perder son os "convidados de pedra", os traballadores, que ven en perigro os seus postos de traballo pola cobiza da multinacional, que quere aforrar cartos a costa de toda a cidadania e os electricos, que seguen coa sua especulacion co prezo da electricidade.


 

Isto agraváse nunha comunidade como a galega que é exportadora de enerxia, que pagamos igual que onde non se produce, subvencionado o prezo do transporte. O prezo da enerxia ten duas partes, o de producción (as electricas) e o de distribución (REE); nós que somos excedentarios de enerxia, na Galiza, pagamos igual que os que estan a 600 km e non producen. Os costes de distribución pagamolos nós no prezo.

O PP, coma sempre, ao servizo das electricas, importandolle un comino todo o demáis -os postos de traballo-; porque Alcoa ten plantas onde producir fora da Galiza ou de Asturias. Asi que a estes, se se quedan cun prezo barato de electricidade, ben,e se teñen que irse, tamen ben; tanto lles ten, non se xogan nada.

Xa está ben que sexamos os traballadores e as traballadoras os que paguemos a crise que eles xeraron, os bancos, as electricas, as empresas en xeral. O capitalismo ten demonstrado o seu fracaso para ir mais alo dos beneficios a costa do que sexa, por iso as medidas que non rompan con ele só poran un parche, mas non resolverá o problema: A CRISE QUE A PAGUE QUEN A XEROU, O CAPITAL.

Isto significa, primeiro, nin un só despedimento en Alcoa, e segundo, a nacionalización de todas as empresas que tendo beneficios, só procuran aumentalos a costa de máis desemprego, emigración e empobrecimento social. Esta nacionalización podería resolver os conflitos xerados pola poxas de enerxia, pois o propietario de ambas as duas empresas ou sectores estaría nas mesmas mans, o que baixo o control dos traballadores / as, permitiría garantir prezos xustos para manter a atividade industrial, e que deberíase extender á factura electrica que pagamos como "cidadans" polo feito de planificar a economía, ao non estar sempre á espera da poxa de quenda coa especulacion nos prezos que esto supon.

Os gobernos central e a Xunta son os voceiros das electricas, polo que por todos estes motivos teñen que irse, e seguindo a pancarta dos traballadores de Alcoa-A Coruña, "mellor goberno eu"; mellor gobernamosnos nós, os traballadores e as traballadoras que os representantes das multinacionais e os empresarios.

Neste sentido, parecenos un bo camiño o chamado á unidade de todas as empresas afectadas, como SGL Carbon, Megasa, Ferroatlántica, etc., a unirse na loita contra as politicas desindustrializadoras dos gobernos e as multinacionais.

Corrente Vermella chama á participación na manifestación do xoves 18, que a partires das 17.30 desde a fábrica, percorrerá as rúas da Coruña, pasando pola Pza de Ourense.

Nin un só despido en Alcoa e Auxiliares

Nacionalización baixo control dos traballadores

Gobernos demisión!

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.