1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

151214 correiosGaliza - CIG - A sobrecarga de traballo á que está sometido o persoal de reparto de Correos provoca atrasos na entrega de notificacións.


O Comité de empresa e a Xunta de Persoal da Coruña denuncian a política de aforro "en capital humano" e esixe a cobertura de todas as ausencias
O Comité de empresa e a Xunta de Persoal de Correos da Coruña denuncian a situación de incumprimentos en materia de reparto postal e nos procesos de entrega de notificacións que se está dar por mor da sobrecarga de traballo que sofre o persoal. Neste senso, a representación social subliña que dende o ano 2009, a Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A, baseándose en criterios de volume de correspondencia, suprimiu 11.000 postos de traballo en todo o estado.

Para realizar esta supresión de postos de traballo, explican, primeiro o Equipo de Dimensionamento fai un estudo pormenorizado de cada posto de traballo, tomando nota do número de envíos que se sacan a reparto, distancias percorridas, números de caixas de correo, etc. Unha vez feito este estudo, decídense os postos que se van suprimir, e faise a reasignación de efectivos, asinando a cada empregado/a os postos de traballo restantes coas súas modificacións.

Neste senso, apuntan que nos últimos anos Correos está levando a cabo unha política de "aforro en gastos de capital humano", consistente en non cubrir as ausencias que se producen por baixas laborais, permisos, vacacións, etc.

Así, Correos e Telégrafos, atendendo aos obxectivos que ten preestabelecidos, asínaselle a cada centro de traballo un número máximo de contratacións, das que poden dispoñer as persoas responsábeis das mesmas en caso de que se produzan ausencias laborais.

Pero cada vez eses obxectivos son máis altos, e están provocando "que os/as xefes/as das oficinas se vexan abocados a ditar ordes que supoñen unha sobrecarga de traballo para as/os repartidoras/es, xa que teñen que atender máis dunha sección de reparto por carteiro: a que teñen asinada, en atención aos criterios fixados polos Equipos de Dimensionamento, e parte doutra sección de reparto que está sen cubrir por mor das ausencias", denuncian.

Isto deriva en que nesas unidades ou seccións, o reparto non se realice de forma diaria, e polo tanto, o correo chegue máis tarde do debido aos usuarios e usuarias, en contra do disposto na Lei Postal; así como que o tratamento das notificacións que leva a cabo o persoal sometido á sobrecarga de traballo, non se realice coas garantías establecidas pola Lei 30/1992 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

Neste sentido, establece a Lei postal no seu artigo 24, en relación ao reparto da Correspondencia, que: "as entregas practicaranse, cando menos, todos os días laborábeis, de luns a venres, (. .. )". O feito de que Correos non contrate o persoal suficiente, en caso de ausencia de traballadores/as, "ocasiona que parte dos envíos ordinarios, como o dos certificados, non poidan ser repartidos no mesmo día en que entraron no centro de traballo", advirten.

Xunto a isto, a representación social engade que cando o persoal de reparto de Correos está sometido a sobrecargas de traballo que non pode asumir, se quere repartir a carga de traballo que a maiores lle foi asinada, vese "obrigado" a practicar a entrega das notificacións dunha forma anómala que non cumpre coas garantías que establece a LRXPAC. "Estas formas de traballo están avaladas e consentidas pola Dirección de Correos, e forman parte da cultura da empresa", critican.

"Á Dirección de Correos todo lle vale con tal de aforrar diñeiro na contratación de persoal que substitúa o que esporadicamente se atopa ausente, sen valorar a calidade do servizo nin seguir un cumprimento estrito das leis e normativas de reparto. Non podemos esquecer que nos atopamos en plena "Campaña de Nadal" cun incremento moi notábel do volume de correspondencia e faise imprescindíbel contratar o persoal necesario para que non se dean atrasos nin acumulacións pola falta de previsión", aseguran.

Para darlle solución a este problema dende o Comité de Empresa e a Xunta de Persoal de Correos da provincia da Coruña esixiuse de Correos que cubra todas as ausencias que se producen, con independencia do motivo que as provoca e os postos que quedan vacantes por calquera causa. Sen esquecer en ningún momento o cumprimento das normas establecidas para efectuar o reparto da correspondencia.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.