1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

12890949764 27d86ff3eb z

Galiza - CUT - Despois de ter acadado un acordo indemnizatorio coa empresa desactívase as mobilizacións previstas en solidariedade co compañeiro e a compañeira despedidas.


Foto de Fernando Amez (CC by-nc-sa/2.0)

Despois dun longo encontro negociador coa patronal de Easy Lunch (franquiciada da marca Burger King) chegouse nesta semana a un acordo que as traballadoras consideran satisfatorio, e que malia non recoñecer a súa readmisión, si recoñece unha indemnización de 66 días por ano no caso do compañeiro que do centro da Senra e de máis de 300 días por ano traballado para a compañeira do centro das Cancelas, ambos en Compostela.

O despedimento provocara xa a denuncia da CUT na Inspección Laboral das nefastas condicións nas que o persoal presta o servizo, cuns índices de temporalidade estrutural ilegais e fraudulentos e o establecemento de horas complementarias ilícitas dobrando a xornada prevista no contrato de todo o cadro de persoal. Unha denuncia que prosperou e que, "malia que segue a ser instruída pola inspectora responsábel, conduciu xa á transformación en indefinidos de todos os contratos en ambos os centros e ao incremento da xornada legal, certificando que a ilegalidade é un patrón común nestas multinacionais do emprego lixo".

Logo dunha mobilización pola readmisión deste compañeiro e compañeira, que xuntou a varias dúcias de afiliadas da CUT e persoas solidarias o pasado  xoves 4, ambos se mostran satisfeitos do resultado xa que malia non ter sido acadado o obxectivo da súa readmisión esta saída negociada lles dá certas garantías para o coidado da súa futura crianza, principal motivo dos seus despedimentos.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.