1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

8188028098 8df8b01d17 zGaliza - CUT - CCOO desactiva a súa empresa de formación FOREM e aniquila o seu cadro de persoal ao paraugas da reforma laboral. Nesta ocasión a representación sindical está a responder de maneira compacta.


Foto de Sevilla report (CC by-nc-sa/2.0)

Na mañá de antonte celebrábase a última reunión coa patronal FOREM que a pesares da indignación unitaria da representación dos traballadores e traballadoras non variou a  decisión de expulsar a máis do 50% da plantilla con 20 días por ano, ao tempo que lle botan a chave ao centro de traballo de Lugo.

"Con doses de cinismo e cálculo mercantil", segundo a CUT, o anuncio non sorprendía apenas: a decisión de CCOO é despedir a todos os traballadores e traballadoras do "arco baixo" con tarefas administrativas e de almacén para manter unha plantilla con tres contratos de dirección, catro responsables de centro e dúas técnicas e polo tanto, de despedir ás obreiras e obreiros de base para "manter con financiación pública os pesebres daquelas persoas de confianza e da pleitesía da coorporación sindical, reparíndose milleiros de euros por unha xestión absolutamente incompetente do negocio da formación".

Na última xuntanza a CUT criticou a estratexia de agochar documentación relevante sobre salarios e cualificou de "lixo moral e sindical" a actitude demostrada pola empresa, denunciada reiteradamente por esta central polas súas prácticas de persecución e vulneración de dereitos da delegada sindical María Díaz a quen a empresa tamén despedirá malia contar xa cunha sentenza de nulidade que obrigou á súa readmisión.

Toda esta situación ten o seu debido correlato político-sindical. No ocaso do festín das subvencións públicas (a maior parte delas de formación) que enriqueceron as arcas das corporacións sindicais durante décadas, de cuxa xestión mesmo dubidan organismos como o Tribunal de Contas, estes aparatos burocráticos adoito ao servizo do pacto e a entrega á patronal están a acoitelar aos seus cadros de persoal con nocturnidade e alevosía botando man de todas as ferramentas legais e estrataxemas empresariais que polo día din combater, na dirección de seguir a sacar tallada desta grande fraude á clase traballadora mediante a externalización dos servizos de formación.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.