1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

2686200163 8cfff3426f zGaliza - CIG-Autonómica - Na Subdirección Xeral de Gardacostas estanse a incumprir unha serie de temas que afectan aos traballadores da mesma, segundo denuncian da Xunta de Persoal dos funcionarios e funcionarias da Xunta da Galiza na provincia de Pontevedra.


Foto de Contando Estrelas (CC by-sa/2.0)

Así, este colectivo quere facer público "o incumprimento das sentencias do TSXG, cos postos de Xefes de Unidade Operativa XUO, (antes Xefes de Base) de LD, que obrigan a volver as prazas a concurso".

Denuncian a utilización dos botes de rescate dos barcos do servizo de salvamento e loita contra a contaminación mariña: "Irmáns Garcia Nodal" "Sebastián Ocampo" "Ria de Vigo" en funcións de inspección e vixilancia, cando pola normativa de Mariña Mercante estas embarcacións son para agrupar balsas en caso de afundimento.

Tamén critican que se utilice indebidamente a embarcación "Paio Gomez Chariño" por parte de tripulación allea ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Os mandos e mariñeiría son dunha empresa privada. Nos termos de cesión de dita embarcación, especifica que a tripulación será composta de funcionarios do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Tamén hai Xefes de Unidade Operativa, segundo explican, que realizan funcións de Patrón, sendo na RPT vixiante - mariñeiro, non cubre o Diario de Navegación, nin informa a tripulación, obrigando con coaccións e ameazas de expediente a saír ao mar, exercendo el como patrón, o que non contempla o Decreto actual de ordenación e funcionamento 157/2005, polo que, non está nas súas funcións o patronear embarcacións.

Aínda, da Xunta de Persoal resaltan que un servizo que está para velar polo cumprimento da normativa no mar, os seus xefes intermedios incumpren esta normativa e iso afecta á seguridade, efectividade, operatividade e credibilidade deste servizo.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.