1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

051114 desempregogzGaliza - CIG - O secretario confederal de Emprego alerta do risco real de exclusión social e pobreza, xa que o 53% das persoas desempregadas non cobran prestación algunha.


O mes de outubro remata cun novo incremento do paro en Galiza, onde o número de persoas desempregadas ascende a 244.044. Ademais, o paro sobe máis no noso país, o 2,45%, que na media do Estado, onde o medre foi do 1,78%. Baixa tamén a afiliación á Seguridade Social, en case que 4.000 persoas, un 0,4% respecto do mes anterior e descende, xunto a isto, a taxa de cobertura nun punto, do 53 ao 52%, o que significa que 116.000 desempregados/as galegos/as non cobran ningún tipo de prestación.

Porén, a afiliación á Seguridade Social medrou respecto do mesmo mes de 2013, nun 1,2%. Un dato que sería positivo de non vir acompañado por unha tendencia de descenso da recadación á caixa da seguridade social que, segundo o secretario confederal de Emprego, Miguel Malvido, se explica por mor das cada vez peores condicións laborais.

"O incremento dos contratos a tempo parcial, as rebaixas salariais e a aplicación da tarifa plana" explicarían, xa que logo, esta caída da recadación dos ingresos na caixa da Seguridade Social e constatarían ademais un medre da precariedade que é, para a CIG, "alarmante".

Esa precariedade afecta ademais non só ás novas contratacións senón tamén a quen mantendo o seu posto de traballo ve como as empresas recortan os seus salarios e empeoran, en conxunto, as súas condicións laborais. Unha situación da que mes tras mes vén advertindo a CIG e que está a provocar, segundo explica Malvido "un empobrecemento masivo da clase traballadora".

Estes datos evidenciarían ademais que as promesas de recuperación económica e creación de emprego das que constantemente falan os gobernos do PP de Galiza e do Estado, son "falsas", di Malvido quen engade que "son tan pouco críbeis como as expectativas macroeconómicas que presentan para xustificar os orzamentos tanto da Xunta como do Estado, onde afirman que a reforma fiscal provocará un incremento da demanda interna. Pero con esas condicións salariais e laborais, como esperan que medre o consumo até o punto de tirar da economía?"

O paro sobe en todas as provincias e fundamentalmente no sector servizos, onde o incremento é do 6,99% e afecta sobre todo ás provincias da Coruña e Pontevedra que son, ao fin, as máis turísticas de Galiza.

Temporalidade

O número de contratos asinados foi de 78.171, dos que só 6.583 foron indefinidos. Mantense pois a temporalidade e isto, xunto coa rebaixa das condicións laborais retrata un panorama de precariedade que lonxe de se ir reducindo seguirá a medrar por mor das políticas impostas polo PP.

Se a isto engadimos o aumento do número de persoas desempregadas que non cobran ningún tipo de prestación, temos un panorama laboral "dramático", afirma o secretario confederal de Emprego. "Cada vez menos cobran unha prestación contributiva ou un subsidio. A falta de ingresos coloca a miles de galegos e galegas ao borde da exclusión social sen que se articule medida algunha para paliar esta situación".

Ante isto Malvido denuncia, máis unha vez, que con esta evidente falta de alternativas laborais e diante da ausencia de políticas económicas e sociais que permitan albiscar mudanzas reais na situación, a mocidade segue a emigrar facendo perigar o futuro deste país. Por iso reitera a necesidade de pór enriba da mesa medidas concretas que non se limiten a "parchear" una situación que precisa algo máis que una reforma fiscal que, aínda por riba, vai beneficiar máis a quen máis teñen.

Fronte a isto reclama uns orzamentos que permitan a posta en marcha dun plan industrial que promova o desenvolvemento dos sectores básicos da economía galega e que se pechen os ciclos produtivos no noso país.

Lembra que existen outras políticas que si favorecerían a recuperación económica e a creación de emprego. "Dende a CIG promovemos unha Iniciativa Lexislativa Popular que contempla un paquete de 100 medidas que permitirían mudar esta situación, e unha delas era precisamente a implementación deste plan industrial".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.