1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

281014 emigrarGaliza - Isca! - Galiza ten 135.000 persoas menos de entre 16 e 35 anos a día de hoxe que en 2007. Só no período 2013-2014 abandonaron o noso país unhas 24.000 mozas, por causa do desemprego, a miseria e a precariedade.


 Desemprego que, na Galiza, supera o 20% chegando a máis do 50% na mocidade. Miseria que obriga a xeracións enteiras a abandonar a súa terra, disfrazado como "problema demográfico" polo goberno galego. Precariedade como estratexia global para a maquillaxe dunhas cifras de desemprego xuvenil escandalosas. Contratos lixo (contrato temporal, contrato de formación e aprendizaxe e contrato de prácticas) amparados pola patronal e o sindicalismo mafioso español.

Estannos a roubar o futuro. Non hai traballo e o pouco que hai é precario e en condicións de extrema explotación. Abandonamos progresivamente o noso país ou, máis ben, somos expulsados polo goberno do desastre lacaio do capital. Fórzannos a emigrar. E o panorama social non é moito mellor: o dereito á vivenda convertido en privilexio; un ensino cada día máis elitista e españolizador; unha lingua e unha cultura propias cada día máis marxinadas, cunha perda de 15 puntos en galegofalantes nos últimos 10 anos; un recorte de liberdades públicas a través da reforma de leis e do propio código penal.

Arrasar con todas as conquistas que leva conseguido a clase traballadora logo de séculos de loita non lles foi nunca tan sinxelo. O capitalismo goza dunha hexemonía total a nivel político, económico e mediático; lévanos a pensar que nada se pode facer para cambiar o estado das cousas, que esta é a única realidade posíbel e que a solución é a resignación. Mais temos que rachar xa con esta realidade, non podemos agardar máis para facerlle frente a un sistema criminal e corrupto.

É tempo de organizarse e de loitar sen medo por un futuro digno para a mocidade, e iso pasa necesariamente non por parches ou remendos no sistema, senón por romper de raiz con todas as estruturas de dominación: España, o capitalismo e o patriarcado. Conquistar a independencia nacional como única vía viábel de saída do capitalismo, a construción do socialismo e o fin de toda opresión. Unha ruptura democrática co réxime para abrir as portas a un proceso constituínte co dereito a decidilo todo democraticamente, desde a base, de xeito unilateral e a través do debate popular.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.