1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

251014 navalGaliza - CIG - Reclama a eliminación das horas extra.


A central denuncia que Barreras está a impoñer convenios de empresa ás auxiliares en detrimento do convenio provincial, rachando os acordos.

A CIG-Industria alerta sobre o deterioro que se está a producir nas condicións de traballo do sector naval vigués, onde a situación de falta de carga de traballo está a ser aproveitada polos estaleiros que teñen actividade "para rebaixar os prezos até límites inviábeis para as poucas empresas auxiliares con estrutura que continúan vivas, o que as condena á desaparición". Dende a central nacionalista acusan a Barreras de impoñer convenios de empresa ás auxiliares en detrimento do convenio provincial e reclaman a eliminación das horas extra para favorecer o reparto do emprego.

O responsábel nacional do Naval da CIG, César Rodríguez, denuncia as altas xornadas laborais a base de horas extras que continúan a imperar no sector "nun contexto no que o desemprego alcanza cifras históricas, rexistrándose máis de 6000 parados/as do sector só na comarca de Vigo".

En concreto, Rodríguez citou os estaleiros Metalships e Armón, que seguen esta política laboral coa complicidade da Xunta e da Inspección de Traballo "a pesares das numerosas denuncias postas pola nosa central ante estes dous organismos no último ano e medio".

Neste senso, indicou que o obxectivo prioritario da CIG é rematar coa precariedade no sector e lograr a máxima recuperación de compañeiros/as en desemprego "a través do reparto do traballo abolindo as horas extras".

O representante sindical lembrou que no contexto da posíbel recuperación que se intuía antes do verán, os sindicatos CIG, CCOO e UGT instaron á recuperación dos traballos da Mesa de Apoio ao Emprego no Sector Naval de Vigo "coa finalidade de consensuar o marco de actuación dos distintos actores no tocante a prevención, seguridade e saúde laboral, reparto do traballo abolindo as horas extras e mantemento das ETT fóra do sector (empresas que agora están a ser impostas no grupo Ganain).

Con data 4-7-2014 ten lugar a primeira xuntanza, na que todos as partes coinciden na necesidade de traballar nun sistema de reparto xusto do traballo, que aporte estabilidade ao sector para evitar a conflitividade. "A asociacións empresariais presentes na mesa de negociación non falaron en ningún momento de querer modificar o actual marco de negociación colectiva", sinala Rodríguez.

Agora as centrais sindicais denuncian que este consenso foi rachado polo estaleiro H.J. Barreras coa imposición ás empresas auxiliares na factoría de convenios de empresa en detrimento do marco actual do convenio provincial, avalando a competencia desleal entre empresas e levando a precariedade no sector a máxima expresión. "Isto abre a porta a unha guerra á baixa nos convenios que pon en perigo a subsistencia do tecido industrial da comarca, facilitando a entrada de empresas foráneas, co grave impacto que tería no consumo".

Control do persoal

Na CIG consideran inadmisíbel a inxerencia por parte das direccións dos estaleiros no control do persoal que aportan as empresas auxiliares, impedindo a incorporación de decenas de traballadores/as, "o que representa unha clara represión contra as persoas que nos momentos de crise do sector saíron á rúa na súa defensa e lograron que na nosa comarca exista unha industria vital para o desenvolvemento social e económico". Ademais, dende a central sosteñen que non hai que esquecer tampouco que estes compañeiros/as "levaron o sector á máis alta cualificación profesional a nivel mundial nos últimos anos".

Finalmente, as centrais sindicais maioritarias reclaman unha reunión urxente coas distintas Administracións públicas "ante a gravidade dos feitos denunciados, que rachan o consenso e imposibilitan o mantemento da Mesa, levándonos a un escenario de conflitividade inmediata que anularía as posibilidades de recuperación do naval".

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.