1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

221014 orcamentosGaliza - CIG - Os novos orçamentos agridem os serviços públicos e o seu pessoal.


 

As empregadas e empregados públicos dependentes da Xunta de Galiza perderon desde 2010 o 30,9% dos seus salarios
A Área Pública da CIG (Ensino, Saúde e Administración) fixo hoxe -en rolda de prensa- un chamamento á mobilización contra os orzamentos da Xunta para 2015 e contra o Anteproxecto de Lei de Emprego Público. Denuncia que para o vindeiro ano mantéñense os recortes salariais dos empregados/as públicos/as -que xa perderon entre 2010 e 2014 o 30,9% do seu poder adquisitivo- e impóñense unhas taxas de reposición que afondarán na destrución do emprego e dos servizos públicos.
A Área Pública da CIG ten convocada unha concentración nacional de delegados/as, ás 11:30 horas en San Caetano, o día 27 de outubro, e concentracións nas 7 cidades galegas o día 12 de novembro, ás 12:00 horas.

A coordinadora da Área Pública, María Carme López Santamariña, explicou que con estas mobilizacións preténdese manifestar a “rotunda oposición” a uns orzamentos que “non teñen intención de recuperar nin o emprego, nin os salarios”.

Neste sentido, denunciou que nos últimos 5 anos acumulouse unha merma de poder adquisitivo do 30,9% e presentou un cadro no que se recolle a evolución do IPC e as consecutivas rebaixas salariais, que constatan esa perda continuada de salarios.

INDICE DE EVOLUCIÓN DO IPC E SUBA SALARIAL NOS ÚLTIMOS 5 ANOS (1-1-09 a 30-9-14)

ANO                     

IPC GALIZA

IPC ESTADO

SUBA SALARIAL

DIF GZ 

DIF ESTADO

2009     

2,6%

2,1%

2%

-0,6%

-0,1%

2010     

4,5%

4,0%

-5%

-9,5%

-9,0%

2011

3,6%

3,1%

0%

-3,6%

-3,1%

2012

4%

4%         

-7%

-11%

-11%

2013

2%

1,6%

-4% (Autonómica)

-5,6%

 

2014

(Xan. a Set.)0,6%

-0.5%

   0%                                   

-0,5%   

 

TOTA

17,3%   

15,3%   

-18%

-30,9% 

 

Fonte: INE e Orzamentos Xerais do Estado e Xunta de Galiza dos anos correspondentes.

Denunciou ademais que os orzamentos limítanse a recoller as liñas marcadas desde Madrid, agás en aspectos como os retributivos nos que a Xunta ten competencias que utiliza para manter as reducións das pagas extra, a diferenza do persoal do Estado.

Por iso subliñou que con estas mobilizacións o que se demanda é un cambio nas políticas neoliberais do executivo galego; a recuperación do poder adquisitivo do persoal dependente da Xunta de Galiza e a supresión dunhas taxas de reposición que afogan os servizos públicos minguando a súa calidade. Isto xunto coa exixencia de que se devolvan, enteiras, as pagas extra de todos estes anos.

López Santamariña tamén alertou da extrema gravidade do Anteproxecto de Lei de Emprego Público de Galiza, que “ten pouco de emprego e de público” e denunciou que o seu obxectivo é, máis unha vez, a destrución dos servizos públicos.

 660 millóns de € de orzamentos menos, desde 2009, para o ensino público

O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, asegurou que cos orzamentos de 2015 afóndase aínda máis no “desmantelamento do ensino público”.  Lembrou as carencias que se evidenciaron no comezo deste curso escolar, nomeadamente canto a  profesorado e considerou absolutamente insuficientes as taxas de reposición do 50% para o Ensino. Sobre todo tendo en conta que desde 2009 xubiláronse 4.000 profesores/as e que só houbo unha oferta de emprego de 585 prazas.

Por iso reclamou que como mínimo se convoque unha oferta de emprego, en todos os niveis educativos, en número igual ás vacantes que por xubilacións ou outros motivos, se produzan.

Xunto a isto denunciou que para 2015 continúan a reducirse os orzamentos en Educación, que diminuíron desde 2009 en 660 millóns de euros, un 33% menos respecto a hai cinco anos. Alertou de isto provocará que se amplíen as diferenzas sociais ao reducirse os servizos complementarios e a atención ás necesidades especiais, porque poderán acceder a estes servizos quen teñan cartos para asumir o seu custo. Fronte a iso denunciou que, porén, destínanse 250 millóns de euros para o ensino privado concertado.

Un mínimo de 11 millóns de euros dos orzamentos de Sanidade para pagar os canons das privatizacións

Os orzamentos en Sanidade diminuíron en 400 millóns de euros desde o ano 2009. Unha cantidade que non se compensa, nin con moito, cos 11 millóns que se incrementan os orzamentos para o 2015. Máis cando, segundo explicou a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, estes 11 millóns de euros irían “para pagar os canons das privatizacións”.

Fronte a isto, denunciou que baixan os orzamentos destinados a Atención Primaria, Protección e Promoción da Saúde Pública, a Investigación Sanitaria e a formación de graduados e postgraduados.

Para Abuín tamén é absolutamente insuficiente a anunciada taxa de reposición do 50%. Neste sentido, lembrou que se amortizaron máis de 3.000 prazas entre o 2011 e o 2014 e exixiu o cumprimento da lexislación vixente para que se poña en marcha o sistema numérico de identificación de prazas, a fin de saber exactamente cal é o cadro de persoal do SERGAS.

A este respecto sinalou que malia as amortizacións realizadas o cadro de persoal que recolle o orzamento é superior ao cadro de persoal que recollía o Plan de Ordenación de Recursos Humanos de 2013. “A consellaría consegue facer maxia e incrementar o seu persoal a pesar de levar tres anos amortizando prazas”.

Pola súa banda, Roberto Varela, responsábel do sector da Autonómica da CIG-Administración denunciou que a Xunta nin sequera vai devolver a parte devengada da paga extra de 2012 ao completo, senón en dous prazos, un en 2015 e outro en 2016. E isto, ademais, obrigada polas múltiples sentenzas ditadas por distintas instancias xudiciais.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.