1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

citroeneleccionsGaliza - CUT - O pasado 15 de outubro foron convocados os secretarios/a das seccións sindicais con representación no novo comité tras as eleccións sindicais do pasado día 3.


Foto da CUT - Durante as eleiçons sindicais em Citröen. K9 é umha empresa auxiliar dessa fábrica de automóveis em Vigo.

Tras a reunión coa empresa, catros sindicatos acordaron, abrir un período de negociacións por “ seccións sindicais”. A CUT solicitou aos demais sindicatos que esa decisión debe ser tomada no seno do Comité de Empresa que é o órgano que ostenta a representación dos/as traballadores/as.

O Venres a empresa emprazou aos sindicatos este luns a negociar ,realizando unha distribución atendendo a  proporcionalidade da parte sindical no novo comité sería Fsi 7, Ugt 2, CCOO 1, Cig 1, CUT 1, total 12 membros serían os encargados de negociar os posibles acordos que afectarían a 7000 traballadores/as .

A CUT non vai estar nesa mesa negociadora

Así o acordou a asemblea de traballadores/as celebrada este sábado. Motivos:

- A empresa e demais sindicatos se negan a conformar ata o día 3 de novembro o novo Comité de Empresa. Unha vez celebradas as eleccións i entregadas as actas de votación na OPR ( Oficina Publica de Rexistro), expira o antigo comité e legalmente é o novo quen ostenta a representación dos/as traballadores/as.

- A empresa se nega a facilitar as horas sindicais aos membros da CUT no novo comité ata o 3 de novembro, así como os medios para realizar as súas funcións.

- O Presidente do Comité esta sen escoller, unha vez que xa expirou o seu mandato.

- Unha comisión negociadora debe ser avalada por unha reunión previa do órgano Comité de Empresa. Pero, non queren reunir ó vello nin ó novo.

- Unha comisión negociadora constituída antes de constituír o novo comité non representa mais que aos intereses persoais e particulares dos que asisten.

A CUT non pode darlle cobertura a esta nesa mesa negociadora

Para a CUT os temas a tratar son de moita importancia, entenden as presas que está a meter intencionadamente a empresa, para que xoguen ao seu favor. Non entenden a postura dos outros sindicatos: "Pola súa regra de tres, que negocie Ana que para iso ten a maioría". A CUT entende que debe ser o conxunto do Comité, do novo, quen negocie ou cando menos quen decida como negociar. Neste sentido xa enviaron a petición a empresa e amosaron a súa dispoñibilidade a que se negocie incluso sábados e domingos, e solicitaron que se constituíra por vía de urxencia o novo Comité.

Fan un chamamento a unidade sindical para adoptar unha postura conxunta é sensata, apelando ao sentido común das outras seccións sindicais fronte o que da CUT consideran un abuso por parte da empresa. "Ventajista e chantajista".

Esperan a que a empresa amose datos reais e cifras e non se limite a facer presentacións: "Os traballadores e traballadoras levamos moitos anos a facer sacrificios para non perder salarios, plantilla ... e todos estes esforzos caen en saco roto ante a voráxine das cifras patronais e aumento do marxe operativo. Perdemos dereitos, cartos, traballamos cada vez a ritmos máis altos e perdemos plantilla. E, parece ser, que o froito da negociación non vai garantir o K9 .So que sigamos a competir entre as propias fábricas do mesmo grupo".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.