1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

181014 militaresGaliza - CIG - Os orzamentos do Estado para 2015 reducen os gastos en desemprego ou sanidade pero medran en defensa.


O goberno cre que a economía despegará porque prevé un hipotético escenario de creación de emprego e incremento do consumo privado grazas á reforma do IRPF
O 2015 vai ser outro ano perdido para Galiza, xa que non se desprende ningún cambio nos Orzamentos Xerais do Estado que permitan enxergar unha mudanza na situación económica, nin na mellora da situación da poboación en xeral, nomeadamente na que está en situación máis precaria. E o que si se albisca é unha nova deterioración do xa endeble “estado do benestar”: perda de poder adquisitivo dos traballadores/as e pensionistas a cargo do sector público e deterioración dos sistemas públicos de sanidade e educación.
10-12-21 concentracion area publica orzamentos 008
 

O proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2015, a lei máis importante que o Goberno do Estado promulga no ano e que determina a maior parte das súas políticas, ademais de ser a base sobre a que se moverá a economía durante o ano, non nos ofrece ningunha novidade con respecto a anos anteriores. Estamos, pois, ante uns orzamentos continuístas, onde o máis importante é facer fronte á débeda pública -capítulo que absorbe a meirande parte do incremento do gasto-; onde se reducen os gastos en desemprego cando cada vez temos unha maior parte de poboación sen ingresos derivado do traballo; onde se reduce a investigación en sanidade e medra en defensa...; e todo isto sobre un escenario macroeconómico de difícil credibilidade.

Non hai ningunha aposta por cambiar a situación económica, non hai cambio de política, continúase coa política de austeridade que nos levou á situación presente de crise profunda; polo que o Goberno basea única e exclusivamente a recuperación económica -que, segundo o goberno se vai consolidar no ano 2015- na reforma fiscal.

Reforma fiscal, de carácter regresivo, que favorece máis as rendas altas que as baixas, isto é, as  máis favorecidas son as rendas procedentes do capital fronte ás do traballo. Mais, como pode incrementar lixeiramente a liquidez dos contribuíntes, isto vai ser suficiente para a recuperación do consumo e polo tanto da actividade económica e do PIB. Que doado! Unha reforma fiscal, e non cambia nada máis, e seica xa estamos ante un novo escenario. A saber:

Comezando polo escenario macroeconómico que sustenta o devandito proxecto, sinala o Goberno que o ano 2015 será “o ano de consolidación do proceso de recuperación iniciado pola economía española no ano 2014, no que se prevé que remate cun crecemento do PIB do 1,3%, acadando un incremento do 2% no ano 2015”.

Antes de analizarmos os distintos compoñentes do PIB non debemos esquecer que nestes orzamentos as previsións macroeconómicas xa inclúen as revisións da composición e do nivel de PIB derivado do novo SEC-2010 (Sistema Europeo de Contas 2010), que inclúe numerosas novidades, sendo as máis coñecidas a incorporación dos fluxos provenientes de actividades ilegais. Pola súa importancia, tampouco debemos esquecer a incorporación da I+D como Formación bruta de capital (antes, consumo intermedio); sen dúbida, todo isto modifica substancialmente o nivel acadado.

Tendo en conta esta salvidade, que non podemos nin debemos obviar, o devandito escenario fundaméntase na creación de emprego (incremento do 1,4% dos postos de traballo a tempo completo no ano 2015), e na reforma do IRPF, o que vai redundar nun incremento do consumo privado (medre do 2,1% de media durante 2015), así como nas mellores condicións de financiamento, que van, segundo o Executivo, propiciar un importante repunte da Formación bruta de capital, para a cal se prevé un incremento do 4,4%. Así é a demanda interna, cunha contribución ao medre do PIB do 1,8 puntos, a que vai sustentar o crecemento do PIB, xa que se prevé que a demanda externa vaia contribuír en apenas 0,2 décimas.

Parece maxia. A economía europea estancada, numerosas incógnitas xeoestratéxicas internacionais, caída das rendas no Estado español..., e con só unha redución do IRPF, a economía despega. Porén, non hai nada novo nestes orzamentos (que por outra parte determinan a maior parte das políticas) que permita aseverar este marco macroeconómico.

Por exemplo, o consumo final das administracións públicas (non so a administración do Estado), ou o que é o mesmo o gasto público, prevese que descenda un 1%. É dicir, a administración pública non vai achegar nada a esta recuperación, a pesar de que o orzamento da administración estatal medre, pero todo este medre -como veremos máis adiante- vai destinado a amortizar débeda pública e aos gastos financeiros derivado desta.

 Para este escenario os orzamentos públicos prevese que acheguen uns 440.074,74 millóns de euros, cuxos ingresos non financeiros saen maioritariamente de impostos directos e cotizacións sociais, xa que se preve que a achega  dos ingresos non financeiros sexa do 67,1%.

O incremento da recadación a través de impostos directos (os máis importantes, IRPF e imposto de sociedades) estímase nun 3,9% a pesar de ser neste ano cando vai entrar, previsibelmente, en vigor a nova reforma fiscal, que entre outras modificacións reduce os tipos de gravame de ambos os impostos. Mais as previsións de crecemento económico e creación de emprego (así como o incremento do custo laboral unitario, un 0,4%), son tan optimistas que compensan dabondo estas reducións, e polo tanto a recadación a través destes impostos vaise incrementar.

A través de impostos indirectos prevese un incremento da recadación do 17,2%. Segundo especifican na memoria, este forte incremento débese en parte ao aumento do consumo derivado do incremento da ocupación e da maior dispoñibilidade dos traballadores pola rebaixa do IRPF, pero en parte por liquidacións atrasadas.

Se a estes dous capítulos se engaden o resto das operacións non financeiras, acádanse os 289.317,51 millóns de euros; xa para o resto hai que endebedarse. O endebedamento bruto previsto nestes orzamento é de 141.757,23 millóns de euros, dos cales 92.233,13 son destinados a amortizar a débeda atrasada, co que nos queda un endebedamento neto de 49.523,93 euros.

O resto dos ingresos distribúense por capítulos de gastos como se describe a continuación.

Gastos consolidados por capítulos. Millóns de euros.

Capítulo

2014

2015

variación

 

Importe

% total

Importe

% total

 

I. Gastos de persoal

21.303,96

5

21.597,99

 4.9

1,4

II. Gastos en bens correntes e de servizos

7.619,35

1,8

7.858,57

 1.8

3,1

III. Gastos financeiros

36.661,80

8,7

35.560,08

 8.1

-3,0

IV. Transferencias correntes

231.125,92

54,6

231.599,76

 52.6

0,2

TOTAL OPERACIÓNS CORRENTES

296.711,03

70,1

296.616,40

 67.4

0,0

V. Fondo de continxencia

2.665,95

0,6

2.616,20

 0.6

-1,9

VI. Investimentos reais

4.727,85

1,1

4.953,54

 1.1

4,8

VII.Transferencias de capital

9.986,14

2,4

11.317,36

 2.6

13,3

OPERACIÓNS DE CAPITAL

14.713,99

4,1

16.270,90

 3.7

10,6

T. GASTOS NON FINANCEIROS

314.090,97

74,2

315.503,50

 71.7

0,4

VIII. Activos financeiros

40.535,10

9,6

32.338,10

 7.3

-20,2

IX. Pasivos financeiros

68.605,25

16,2

92.233,13

 21.0

34,4

TOTAL GASTOS FINANCEIROS

109.140,36

25,8

124.571,24

 28.3

14,1

Total orzamento

423.231,33

100

440.074,74

 100.0

4,0

Fonte: Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado 2015.

Se aos 92.233,13 millóns de euros que se prevén destinar a amortización de débeda se suman os gastos financeiros que xera, 35.560,08 millóns, o total é de 127.793,21 millóns; isto é, o 29% do orzamento está destinado a pagamento de xuros e amortización da débeda. Isto, malia a redución dos tipos de xuro, que permitiron rebaixar substancialmente o capítulo de gastos financeiros; de feito este capítulo de gastos financeiros ten en principio unha dotación un 3% inferior á prevista para o ano 2014.

Así, o montante da débeda está lastrando en parte a recuperación económica, e non debemos esquecer que unha parte importante desta foi subscrita para facer fronte ao rescate bancario, e por outro lado foi precisamente, o sector bancario, un dos principais causantes da crise que estamos padecendo.

Así mesmo, é o capítulo de amortizacón da débeda o que máis vai medrar segundo este proxecto de orzamentos; concretamente un 34,4%, absorbendo a meirande parte do incremento do orzamento para 2015. Así, os gastos financeiros no seu conxunto medran un 14,1%, os non financeiros practicamente se manteñen, xa que só se preve o seu medre nun 0,4%.

Os gastos de persoal, capítulo I, representan o 4,9% (5% no ano 2014) do total dos gastos, e estímase un incremento destes do 1,4% con respecto ao ano anterior. Hai que salientar que un ano máis que o persoal a cargo do sector público vai ver conxeladas as súas remuneracións. No que atinxe á incorporación de novo persoal, non se procederá a esta, e só en educación, sanidade e nas forzas e corpos de seguridade do Estado a taxa de reposición do persoal será, como máximo, do 50%.

As transferencias correntes son o capítulo de gasto máis importante dos orzamentos; para o ano 2015 prevese que absorban o 52,6% do total. Con respecto ao ano 2014, o incremento previsto é do 0,2%. Dentro deste capítulo, imos centrarnos especificamente nas coñecidas como gasto social.

Gasto social:millóns de euros.

 

2014

2015

Variación

Pensións

127.483,83

131.658,93

3,3

Outras prestacións económicas

11.603,83

10.943,66

-5,7

Servizos e promoción social

1.809,81

1.840,96

1,7

Fomento do emprego

4.073.52

4746,36

16,5

Desemprego

29.727,53

25.300,04

-14,9

Acceso á vivenda

799,64

587,41

-26,6

Xestión e administración da Seguridade Social

4.377,40

5.344,78

22,1

(1) PROTECCIÓN E PROMOCIÓN SOCIAL

179.875,57

180.422,14

0.3

Sanidade

3.839,76

3.863,83

0,6

Educación

2.150.05

2273,07

4,5

Cultura

716,4

749,14

4,3

(2) PRODUCIÓN DE BENS

 PÚBLICOS DE CARÁCTER

PREFERENTE.

6.706,21

6.886,04

5,6

GASTO SOCIAL (1)+(2)

186.581,77

187.308,18

0,4

Fonte: Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado 2015.

Dentro do gasto social, podemos diferenciar dous apartados: os gastos en protección social e a produción de bens públicos.

Comezando polo últimos, a súa cativa contía débese a que a meirande parte das funcións destas áreas están transferidas ás comunidades autónomas. E só salientar que dentro de educación o programa destinado a bolsas de estudo ten unha dotación orzamentaria de 1.413,5 millóns de euros, un 0,2% máis que no exercicio anterior. Dado que cada vez hai un maior número de familias en situación precaria e, polo tanto, con dereito a recibir axudas económicas para o estudo dos seus fillos, deberíase dotar de maior orzamento esta partida, e que ningún estudante tivese que abandonar os estudos por motivos económicos.

Centrándonos nas áreas de protección e promoción social, a partida máis importante é a destinada a pensións, a cal medra un 3,3% con respecto ao previsto nos orzamentos do ano anterior. Este medre non se debe á revalorización do importe das pensións, senón ao incremento do número de pensionistas e da pensión media. A pensión media aumenta polo maior importe que van percibir os novos/as pensionistas con respecto aos/ás que saen do sistema, non polo revalorización das existentes.

A revalorización prevista das pensións é do 0,25%, o que conforma, un ano máis, a perda de poder adquisitivo das xa exiguas pensións da maioría dos e das nosas pensionistas, xa que, segundo o cadro macroeconómico que acompaña o proxecto de orzamentos, a variación dos prezos -medida a través do deflactor do PIB- vai ser do 0,6%.

A partida destinada a outras prestacións económicas ten especial importancia para nós xa que nela se integran prestacións orientadas a compensar rendas salariais deixadas de percibir polo traballador por enfermidade, maternidade..., así como o orzamento de FOGASA. En conxunto esta área de gasto vai sufrir un descenso do 5,7%.

Dada a previsión de incremento da actividade económica para 2015, o Goberno considera que se van incrementar as IT, e polo tanto medra nun 1,3% o destinado a este programa.

Para o pagamento das prestacións do Fondo de Garantía Salarial están previstos 1.036,56 millóns de euros.

Dentro do programa de servizos sociais e promoción social, a contía máis importante é a destinada a dependencia; en principio, a partida vai ser moi similar á destinada a este fin no ano 2014, 1.177,04 millóns de euros.

A fomento do emprego destínanse 4.746,36 millóns de euros, un 16,5% máis que no ano 2014. Este incremento débese maioritariamente aos fondos que a Unión Europea (1.800 millóns) ten previsto destinar entre 2014 e 2015 ao Fondo de Garantía Social, xa que o incremento dos fondos responden basicamente ao incremento nas partidas destinadas a financiar as bonificacións á contratación. Non debemos esquecer que as bonificacións á contratación , sexa a través da chamada “tarifa plana”, o Plan de Garantía Xuvenil, etc., é a principal -por non dicir, a única- política de emprego que utiliza o Goberno; igual que na etapa de crecemento económico, xa que o único que varía é a contía das bonificacións.

Dentro deste programa, unha das partidas máis importantes é a destinada a formación profesional para o emprego, á cal se ten previsto destinar durante o próximo ano 1.970,02 millóns de euros, un 8,6% máis que no durante 2014. Este incremento débese ao aumento dos ingresos previstos por cotas de formación profesional, que ten establecida a afectación por lei ao financiamento deste sistema. Destes créditos, 936,01 millóns van destinados á formación de ocupados/as, 766,83 millóns á formación de desempregados/as, e o resto a programas públicos de emprego.

Os orzamentos previstos para atender as persoas desempregadas acadan os 25.300,04 millóns de euros, un 14,9% menos que no ano 2014. Segundo o Goberno,  o descenso débese á redución da taxa de paro que vai experimentar a economía española no ano 2015, xa que prevén que esta se sitúe no 22,9% da poboación activa, 1,8 puntos inferior á do ano 2014. Redúzase ou non a taxa de paro, o que si é certo é que cada vez se gasta menos en prestación para desempregados/as debido a que o número de parados/as de longa duración, e polo tanto sen dereito a prestación contributiva, cada vez ten máis peso sobre o total de parados/as.

E tampouco debemos esquecer neste apartado a emigración, a inxente cantidade de mozas e mozos que cada ano abandonan o Estado español, e que non están cuantificados ou non interesa dar a coñecer eses datos, pero son numerosos e contribúen a reducir as elevadas taxas de paro.

Continúa o descenso para acceso a vivenda e fomento da edificación; así, para o ano 2015 o orzamento estimado é un 26,5% inferior o do ano 2014.

Fóra das actuacións de carácter social, non debemos esquecer a dotación prevista nos Orzamentos Xerais do Estado para a política en investigación, desenvolvemento e innovación. Para o ano 2015 inclúe créditos por valor de 6.406,75 millóns de euros, un 4,2% máis que o inicialmente orzamentado para 2014. Pero dentro desta partida, os distintos programas teñen un comportamento moi dispar; o que máis medra é o apoio á innovación tecnolóxica no sector da defensa, cun incremento previsto do 64,1% con respecto ao ano 2014. O recorte máis grande sófreo a investigación sanitaria, cun 4,5% menos de fondos, e mais o programa de investigación e desenvolvemento tecnolóxico-industrial, cun descenso do 1,4%.

Centrándonos agora nas operacións de capital, en conxunto sofren un incremento do 3,7%. A meirande parte son transferencias de capital absorbidas por sociedades que xestionan infraestruturas (fundamentalmente Adif, aeroportos nacionais, portos do Estado, etc.). Na distribución destes investimentos inflúen varios factores: características do territorio, se ten costa ou non, o atraso en determinadas infraestruturas, etc. Entre uns e outros, a distribución territorial é como segue.

Distribución territorial do investimento real en 2015. Millóns de euros.

 

2014

2015

Variación

% sobre rexionalizable

       

Andalucía

1.711,53

1.958,16

14,4

17,4

Aragón

368,69

396,61

7,6

3,5

Asturias

303,02

333,43

10,0

3,0

Baleares

74,32

138,45

86,3

1,2

Canarias

256,3

267,92

4,5

2,4

Cantabria

197,91

229,53

16,0

2,0

Castela e León

1.401,35

1.744,26

24,5

15,5

Castela a Mancha

496,15

570,51

15,0

5,1

Catalunya

948,89

1.072,29

13,0

9,5

Estremadura

352,31

368,33

4,5

3,3

Galiza

1.356,99

1.385,78

2,1

12,3

Madrid

906,88

981,20

8,2

8,7

Murcia

303,83

425,33

40,0

3,8

Navarra

72,04

96,25

33,6

0,9

A Rioxa

91,83

94,87

3,3

0,8

Valencia

613,29

776,07

26,5

6,9

Euscadi

320,25

364,17

13,7

3,2

Melilla

28,34

35,41

24,9

0,3

Ceuta

51,38

29,53

-42,5

0,3

T. rexionalizábel

9.855,30

11.268,10

14,34

100,0

Non rexionalizábel

2.205,40

1809,18

-17,97

 

Estranxeiro

29,93

26,19

-12,5

 

TOTAL

12.090,63

13.103,47

-16,13

 

Fonte: Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado 2015.

O atraso nas obras do AVE a Galiza con respecto a outros territorios en que xa leva anos en funcionamento, sitúanos -xunto a Castela e León- como unha das comunidades con maior peso na distribución do investimento real en 2015. Non temos, polo tanto, nada novo; trátase de gastos comprometidos de anos anteriores, e con moito atraso. Estamos a falar de en torno aos 700 millóns de euros, isto é,  máis da metade do investimento real en Galiza.

O Fondo de Compensación Interterritorial (FCI) cada vez serve menos para mitigar as diferenzas territoriais, xa que a súa dotación é moi cativa. Para o ano 2015 prevese a mesma cantidade que para o ano 2014: 425,81 millóns de euros. A distribución entre as comunidades beneficiarias é a que se amosa a seguir.

Fondo de Compensación Interterritorial. Millóns de euros.

 

2014

2015

2015/

 

Importe

% total

Importe

% total

2014%

Galiza

44,55

10,5

42,92

10,1

-3,7

Andalucía

159,35

37,4

160,47

37,7

0,7

Asturias

13,07

3,1

12,74

3

-2,5

Cantabria

3,9

0,9

4,06

1

4,1

Murcia

20,89

4,9

21,64

5,1

3,6

Valencia

53,87

12,7

55,22

13

2,5

Castela a Mancha

37,72

8,9

37,07

8,7

-1,7

Canarias

44,69

10,5

46,48

10,9

4,0

Estremadura

26,9

6,3

26,62

6,3

-1,0

Castela e León

20,89

4,9

18,59

4,4

-11,0

Total

425,81

100,0

425,81

100

 

Fonte: Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado 2015.

Dos 425,81 millóns de euros con que se dota este fondo nos orzamentos do 2015, a Galiza correspóndenlle uns 42,92 millóns, o 10,1% do total, un 3,7% menos que no ano 2014. É, xunto con Castela e León, a que máis peso perde neste reparto en 2015; o descenso do ano anterior fora do 27%.

Resumindo, 2015 vai ser outro ano perdido para Galiza, xa que non se desprende ningún cambio nestes orzamentos que nos permita enxergar unha mudanza na situación económica nin na mellora da situación da poboación en xeral, especialmente na que está en situación máis precaria. E o que si se albisca é unha nova deterioración do xa endeble “estado do benestar”: perda de poder adquisitivo dos traballadores/as e pensionistas a cargo do sector público, deterioración dos sistemas públicos de sanidade e educación, falta de novo investimento fóra do xa comprometido...


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.