1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

3906400727 e1c3cbdd6a zGaliza - CIG - Autonómica - O goberno central anuncia que devolverá o 25% da extra de decembro do 2012 en xaneiro de 2015.


Foto do PPdeG (CC by-nd/2.0)

Feijoo quere facelo en dous anos, non se compromete a recuperar as extras completas, como no Estado, e intenta vender como un acto de boa fe, o que é unha obriga, tal e como ditan os tribunais ao respecto.

Neste asunto compre lembrar que en relación á paga extra do 2012, no relativo aos contenciosos e conflitos colectivos presentados temos o seguinte escenario:

1. Laborais: fóronse gañando todos os conflitos colectivos onde se obriga á Xunta a pagar a parte devengada desa extra, tanto para o persoal laboral da Xunta de Galiza como de diversos entes.

2. Funcionarios/as: como non hai posibilidade de conflito colectivo a CIG presentou como sondaxe varios contenciosos que abranguen todos os ámbitos para logo pedir a extensión de sentenza a todos os funcionarios/as da Xunta. Gañamos os contenciosos pero a Xunta recorreu no Supremo, e ten todos os visos de perder.

O que agora ofrecen como xesto de boa vontade non é máis que o que os tribunais lle obrigan a pagar.

E a diferenza entre o Estado e funcionariado galego aínda é máis grave. Montoro vai devolver parte do que deben en xaneiro de 2015 e os empregados públicos do Estado cobran a extra de 2014 case completa (hai unha redución que tamén nos afecta ao funcionariado galego no salario base e trienios da extra, ademais de no específico).

En cambio, Feijoo, vai pagar parte do que debe en dous prazos e ademais mantén recortada a extra.

Dende a CIG non se vai dar o visto e prace. Se quere renegociar o pago da débeda cos empregados/as públicos/as galegos/as, estarán dispostos a negocialo partindo da recuperación do seguinte: Recuperación das pagas extras recortadas de 2012, 2013 e 2014, recuperación do 5% dos últimos 5 anos, actualización das retribucións conforme ao IPC galego dos últimos 5 anos, e por suposto no 2015 as pagas extras completas. Ademais se deberían establecer con prazos claros e establecelo nunha lei como un dereito adquirido, para que logo non dea marcha atrás.

Que pague o que debe!! Os empregados públicos galegos non queren esmolas, queren que lles devolvan o que lles roubaron, queren que se lles pague o que lles corresponde polo seu traballo.

A maiores seguen reducindo a Administración, ao non fixar a taxa de reposición nun 100% dos efectivos, e non contemplan a retirada da batería de normas, comezando pola Lei de medidas, que acabaron con moitos dos dereitos laborais nestes últimos anos.

Ante iso ofrecen unha esmola "en diferido". MISERABLE.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.