1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

240914 cheioGaliza - CIG - A central realizou asembleas de delegados/as e desenvolveu protestas nas sedes do INSS nas 7 cidades


A CIG vén de poñer en marcha unha campaña de información e mobilizacións contra as últimas reformas lexislativas impulsadas polo Goberno de Rajoy, en concreto a da Lei de Mutuas, a fiscal e a Lei de Seguridade Cidadá. Centos de delegados/as da central nacionalista participaron hoxe nas asembleas convocadas nas sete cidades e nas posteriores concentracións diante das delegacións do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS).

O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, foi o encargado de pechar a asemblea de delegados/as de Ourense e centrou a súa intervención no actual contexto social e político e na Lei de Seguridade Cidadá que impulsa o PP. Con respecto ao diálogo social emprendido por CCOO e UGT co Goberno e coa gran patronal española, asegurou que supón por parte destes sindicatos avalar as políticas antisociais destes últimos anos e unha renuncia clara a dar a batalla por un cambio de modelo económico e por unhas medidas sociais, laborais e económicas alternativas.

Neste senso, lembrou que no acordo asinado non se recolle ningunha proposta concreta significativa para garantir o crecemento económico e a creación de emprego, "mais si implica unha aceptación e un entreguismo de CCOO e UGT a toda a política que o PP vén aplicando con dureza e unha renuncia explícita a reclamar os dereitos usurpados á clase traballadora".

No referente á Lei de Seguridade Cidadá, incidiu en que con esta reforma o Partido Popular pretende reprimir a mobilización social, limitar o exercicio de dereitos fundamentais como o de manifestación e eliminar as garantías xudiciais, favorecendo a discrecionalidade nas sancións.

Seixo aseverou que o PP tenta perseguir e atallar pola vía da sanción toda resposta ás políticas tan antisociais que está a aplicar, posto que a nova lei permitirá actuar de forma inmediata, contundente e discrecional contra a conflitividade social e substituír a infracción penal pola administrativa, á marxe das garantías xurisdicionais.

Lei de Mutuas

En canto á Lei de Mutuas, nas asembleas de delegados/as advertiuse que o seu principal obxectivo é que sexan estas entidades patronais as que cada vez teñan máis peso no control das incapacidades temporais por enfermidade común. Un control que realizarán primando a perspectiva económica fronte a criterios estritamente médicos.

Neste contexto, rexeitouse que mesmo se pretende transmitir a idea de que cando un traballador/a cae de baixa "está cometendo unha fraude á Seguridade Social", polo que xa adiantou que dende a central nacionalista se dará resposta a cada unha das altas que considere dadas de forma "indebida".

No que ten que ver coa reforma fiscal, as intervencións nas asembleas centráronse en que vai encamiñada novamente a rebaixar os impostos para as rendas máis altas. "Dun lado rompe o carácter máis progresivo da política fiscal na medida en que reduce os tramos da renda de 7 a 5; e tamén se reducen os tipos aplicados a cada tramo, especialmente para as rendas máis altas ao baixar do 52% ao 45%", segundo se aclarou.

Un estudo elaborado polos técnicos de Facenda establece que os contribuíntes con ingresos arredor dos 30.000 euros son quen menos van ver reducida a cota, mentres que as persoas máis beneficiadas serán as que perciban máis de 400.000 euros.

Ademais, modifícase unha das principais reducións do IRPF, a redución por rendementos do traballo, que se eleva para as rendas inferiores a 14.500 euros, mais redúcese considerabelmente para as rendas superiores a 14.500 euros perdendo a oportunidade de introducir tramos en función da renda. Reducir menos a quen máis ingresa, e non igual para todos a partir desa cantidade, sería fundamental para equilibrar a progresividade do imposto, xa que se aplica directamente á base impoñíbel.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.