1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

210914 maesaGaliza - CIG - Denuncian que hai empresas que non están a cumprir cos acordos salariais e laborais.


Traballadores de Maessa concentráronse este xoves diante das portas do estaleiro de Ferrol para denunciar a situación laboral na que se atopan logo de que a empresa convocara ao Comité a unha negociación para ampliar a vixencia do ERE e ameazara con abandonar os traballos en Navantia se o persoal non se aviña a asumir unha rebaixa salarial.

A esta situación, denunciou o persoal durante a protesta, chegase polas dificultades de Maessa de acceder ás contratas no estaleiro, debido á "competencia desleal" doutras auxiliares que non están a cumprir cos acordos laborais que rexen dende 2001. Así, referiron que hai compañías concursando á baixa na adxudicación dos restantes bloques para a construción do flotel. Unha situación, criticaron os traballadores, "consentida por Navantia".

De feito, apuntaron que a oferta de Maessa para a segunda adxudicación (parte de popa) resultou un 17% máis cara, "porque si cumpre os acordos".

A resposta de Maessa á esta situación non se fixo agardar e convocou ao Comité para negociar a renovación do ERE, pretendendo, ademais, impor un recorte de salarios baixo a ameaza de abandonar a actividade no estaleiro. Á vista do perigo que corren os seus empregos, os traballadores/as acordaron convocar a mobilización deste xoves diante da entrada principal de Navantia e denunciar publicamente esta situación.

Neste senso, o Secretario Comarcal da CIG-Industria, Vicente Vidal, afirmou que dende as centrais sindicais se exixirá as empresas o cumprimento estrito dos acordos e a Navantia que obrigue ás auxiliares que traballan dentro dos estaleiros a respectar os pactos laborais.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.