1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

200914 detencomGaliza - CIG - Procuradoria pede 2 anos e 9 meses de cadeia para Pintos, por "atentado" durante a carga policial no inicio da campanha do PP em Ferrol.


Convertendo á "vítima en verdugo", como di Xesús A. López Pintos, secretario comarcal da CIG de Ferrol, a fiscalía vén de pedir para el as penas de 2 anos e 9 meses de cadea, con inhabilitación especial para exercicio de dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena por un delito de atentado e falta de lesións; 20 días de multa, con 7€ diarios, e unha indemnización de 840€ por lesións a un axente de policía polos feitos acontecidos en Ferrol, durante unha carga policial contra as persoas participantes nunha concentración convocada polo comité de Navantia e Poligal coincidindo coa apertura da campaña electoral do Partido Popular ás autonómicas de 2012.

 

No relato que a fiscalía recolle como conclusións provisionais, e que Pintos asegura que son "falsas", non se fai referencia algunha á carga policial que foi no seu momento cualificada como "brutal" por parte das organizacións sindicais, nin tampouco a como se produciu a súa detención e moito menos á denuncia que este presentou por torturas e malos tratos na propia comisaría.

Pintos lembra que hai máis de 20 minutos de imaxes gravadas pola Sexta nas que se ve como se produciron os feitos e nas que asegura que queda constatado que non houbo agresión algunha pola súa parte a ningún dos policías. Lembra tamén que foi detido e permaneceu esposado máis de dúas horas e que durante a súa estancia na comisaría padeceu os golpes dun policía, tal e como relata no vídeo.

Testemuñas do Partido Popular

Entre as testemuñas que presenta a fiscalía aparecen o deputado do PP Hipólito Fariñas; o recén nomeado portavoz do Partido Popular Miguel Angel Tellado; o Presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo e o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela.

A Fiscalía pretende ademais que se tramite como procedemento abreviado, o que xa foi recorrido pola CIG.

Ante isto, o secretario comarcal da CIG de Ferrol entende que o Partido Popular busca unha sentenza rápida e exemplarizante de cara ás próximas eleccións municipais co obxectivo de amedrentar e que non se produzan novas mobilizacións e actos de protesta contra o PP durante a campaña porque sabe que hai un grande malestar social na comarca e que "se daquela a situación era grave hoxe é moito peor. O paro medrou escandalosamente, non se albiscan solucións para o sector naval, pechan empresas e a situación socio-económica é dramática".

Para Pintos resulta inaudito que se presente esta acusación contra el e, sobre todo, que queiran converter máis unha vez á vítima en verdugo.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.