1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

af 130914 2014Galiza - CNT - Co motivo da demanda da empresa Mudanzas Felix contra o Ateneo Ferrolán por unha débeda contraída polo Concello de Ferrol e que agora non quere asumir, a sección sindical da CNT solicitamos unha entrevista co alcalde de Ferrol Jose M. Rey Varela, para solucionar este conflito que pon en perigo os tres postos de traballo que mantén o Ateneo.


A Sección Sindical da CNT no Ateneo responsabilizamos ao goberno do PP e ao alcalde da cidade da posible perda dos nosos postos de traballo nunha comarca na que xa hai demasiada xente desempregada. Quedamos á espera da súa pronta resposta para solucionar un conflito no que vémonos inmersos e a nosa situación laboral implicada, por non ter vontade dende esa corporación de buscarlle unha saída.

Denunciamos as manobras e as dobres varas de medir do Goberno do PP ás que ten sometido ao Ateneo Ferrolán e sinalamos como culpable ao alcalde Rey Varela, da situación creada pola persecución política que dende o seu goberno vén sometendo a unha entidade incómoda como é o Ateneo

Dende a CNT, comunicamos que estaremos presentes nas diferentes protestas e mobilizacións en apoio ao Ateneo Ferrolán, polo que acudiremos á concentración convocada polo Ateneo este martes día 16 ás 20 h. na Praza de Armas e facemos un chamamento á cidadanía para que acuda, non só pola defensa da Cultura libre senón que tamén, en defensa dos postos de traballo.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.