Galiza - CNT Betanços - O Empresario pirata Salvador Beltrán Moreno que escapou do seu barco en Coirós "Mesón El Caserío" levando todos os seus tesouros e deixando a súa tripulación sen cobrar, foi condenado en Sentencia do 22 de Xullo a pagarlle aos seus traballadores todos os meses traballados máis os meses nos que se esquenceu de dalos de baixa na Seguridade Social e ata a resolución desta Sentencia.
Quixo Don Beltrán agacharse en porto seguro e foise para Neda onde ao parecer xa anda en "busca e captura". Vai facendo amigos onde quera que vai.
O Sindicato de "mariñeiros hosteleiros" da CNT de Betanzos acadan así unha nova sentencia favorable e agora afían as súas gadañas na procura dese pescozo de pirata malandrín.
Salvador.!! Non estás a salvo.
Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.