1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

290814 rajoi-feijoGaliza - CIG - Fronte o desemprego da mocidade, o Goberno español recorre á fracasada política de bonificacións ás empresas e reforza o papel das ETTs e Axencias de Colocación.


O macrodecreto de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia que o Partido Popular vén de aprobar como Proxecto de Lei na Comisión de Economía, compendia a estratexia neoliberal do Goberno español para, baixo a escusa de fomentar a competitividade e o emprego, afondar na explotación laboral –nomeadamente da mocidade-, as privatizacións de entes e empresas públicas, e a desregulación sectorial.

PoliticasPPRicos
A normativa afecta até a unha trintena de leis, tocando temas tan dispares como o acceso ao financiamento de PEMES e das administracións públicas, a reforma enerxética, a privatización de AENA (agora denominada ENAIRE), a liberalización dos horarios comerciais, novas privatizacións das infraestruturas portuarias, reformas no IRPF, un plan de emprego xuvenil, reforzo das ETTs e axencias de colocación, regulamento das taxas nos pagos con tarxeta, etc.

Neste senso, o Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, critica que o PP siga recorrendo ao método do Real Decreto e á vía de urxencia para sacar adiante "tal cantidade de medidas que requirirían ser abordadas e debatidas con calma", e que, ademais, en moitos casos invaden competencias propias das Autonomías.

Plan de explotación da mocidade

En canto ás medidas laborais aprobadas hoxe, compre destacar o que se podería denominar plan de "explotación e emigración xuvenil" que afonda en modalidades de contratación que favorecen a explotación da mocidade e vai provocar que a súa única alternativa, para buscar unhas condicións laborais máis dignas, siga sendo a emigración.

Dito Plan (dirixido a persoas de entre 16 a 25 anos) canaliza os 1.887 millóns de euros de fondos estruturais destinados pola UE ao Estado español para a atención directa á mocidade. Prosegue na senda des reformas laborais acometidas até agora para resolver a problemática do desemprego xuvenil, nucleadas en precarizar máis as condicións laborais (foméntanse as modalidades do contrato de formación e de aprendizaxe) e desviar inxentes recursos cara ás empresas, mediante bonificacións. Unha política que xa demostrou o seu fracaso, porque o problema da contratación radica fundamentalmente na falta de actividade económica.

De feito, estabalécese unha bonificación para a contratación indefinida que supón unha rebaixa mensual na achega empresarial á cotización á Seguridade Social de 300€, que será compatíbel co resto de incentivos. Faise unha perversa vinculación das bonificacións co suposto carácter indefinido do contrato que é falsa, porque aos seis meses pódese despedir á traballadora ou traballador e empatar logo con outro tipo de contrato. Cómpre ter en conta, a maiores, o efecto substitución que poden carrexar estas medidas.

No caso das prácticas curriculares realizadas por estudantes universitarios e estudantes en formación profesional, cando medie algunha retribución, as empresas terán unha bonificación do 100% na cotización.

A CIG alerta, ademais, do posíbel deterioro que isto provocará nas arcas da Seguridade Social xa que non se explica como se van compensar os cartos que non terán que pagar as empresas neste concepto.

Reforzo do papel das ETTs

Coa pretendida unidade de mercado modifícase tamén a regulación das ETTs autorizándoas a todas, aínda que estiveran provisionais, sen límite de duración, ao tempo que se amplían as súas competencias en materia de formación para a cualificación profesional e de consultoría e asesoramento de recursos humanos. No caso das Axencias de Colocación, ademais, estas xa non terán necesidade de autorización previa e servirá cunha simple declaración responsábel

O reforzamento do papel das ETTs e axencias de Colocación vén parella á descapitalización en recursos humanos e materiais os Servizos Públicos de Emprego. Como exemplo, chega dicir que no Estado español, os traballadores/as dos SEPEs por cada 100 desempregados/as son os máis baixos de toda Europa.

A vella fórmula da privatización e a "liberalización"

No respecto ás medidas para potenciar o crecemento económico, estas céntranse no afianzamento da competitividade pola vía da precarización e a desregulación e a entrada de capital privado en todas aquelas infraestruturas que afectan ao sector Turismo, pois recorrendo ao subterfuxio de potenciar "a principal actividade económica (sic)" do Estado, adóptanse medidas claramente destinadas a favorecer a grandes multinacionais.

A ampliación da liberalización dos horarios comercias beneficiará fundamentalmente ás grandes superficies, que compiten en situación privilexiada fronte o comercio minorista, ao conteren con maior número de traballadores/as asalariados/as –en condicións precarias e mesmo cuns convenios colectivos que as habilitan para cambiar os horarios do persoal e adaptalos ás súas necesidades, sen custos-.

A entrada e reforzo do capital privado en aeroportos e infraestruturas portuarias (e as conexións ferroviarias que levan parellas) resulta un bocado apetecíbel para o capital financeiro, que pasará a controlar infraestruturas estratéxicas, xeradoras de importantes beneficios e que previsibelmente estarán compensadas -en caso de obteren perdas- a conta das arcas públicas.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.