1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

140814 lugoGaliza - CUT - Dende a sección sindical de URBASER REDONDELA, saúdamos e nos alegramos da fin da greve mantida polos nosos compañeiros/as en Lugo.


Máis que facer un balance económico de perdidas e ganancias, queremos subliñar algúns aspectos que nos parecen importantes a ter en conta e que igual escapan na primeira analise.

UN ANTES E UN DESPOIS.

Apreciar que en Lugo antes reinaba "calma chicha", e completamente obxectivo sabendo que nunca houbera ningún conflito serio, dos poucos centros de traballo de URBASER que nunca chegaran á greve.

Neste estado, a acción sindical soe trocarse polo intercambio de colantes, é dicir, pactos, acordos, bo rollo, nula correlación de forzas, xustificacións e perdida paulatina de capacidade de acción, que soe traducirse en forza e estabilidade para unha empresa que se caracteriza pola súa obsesión controladora, avaricia desmedida e trato prepotente.

Con estes precedentes, é moi fácil entender por que elixiron Lugo para sementar o terror de auga fría, para escarmentar e sentar precedentes, non só para Lugo senón para o resto dos centros de traballo, de Galiza e do estado español.

Pois é sabido que URBASER leva tempo buscando fórmulas que limiten a capacidade de presión dos traballadores/as do lixo.

MAIS CON ESTE MACABRO PLAN DA EMPRESA E COA NECESARIA CONIVENCIA DO CONCELLO (neste caso foi esaxerada será que Orozco non se vai presentar máis a alcalde?) TAMPOUCO SE SAÍRON COA SÚA. POLA CONTRA :

HOXE OS TRABALLADORES/AS DE URBASER LUGO, RECUPERAN A CONCIENCIA DE CLASE, PECHAN UNHA GREVE PERO, XAMAIS PECHARAN O CONFLITO.

TEMOS MOI CLARO QUEN PERDE E QUEN GAÑA NISTO.

Apuntamos tamén que no acordo asinado se conseguiu dobregar a empresa por unha banda nas contratacións, algo que, os que coñecemos a empresa sabemos que lles doe especialmente, isto tradúcese en que terán que ter en conta os criterios dos traballadores/as asumindo a partir de xa a PROMOCIÓN INTERNA e por outra parte, a súa pretensión de remover todo o convenio ficou en nada.

Para rematar agradecemos moito a comunicación fluída con estes compañeiros/as, relación que o partir de agora o igual que a paga extra, ou mellor dito en moita maior medida queda CONSOLIDADA.

MOITOS PARABÉNS E UN SAÚDO DE CLASE.

NOTA: FALAR DOS ESQUIROIS, (XENTIÑA COACCIONADA, UTILIZADA, QUE NALGÚNS CASOS LLES MENTIRON, NOUTROS NON QUIXERON PERDER A SÚA CONDICIÓN NO RANQUING DE PELOTAS E NOUTROS A IGNORANCIA É ATREVIDA.) CHEGADOS DE DISTINTOS SITIOS DO PAÍS E ESTADO, NON PAGA A PENA, SÓ DICIRLLES QUE ELES CHEGARON E BUSCARON, QUE NON SE PREOCUPEN, XA ATOPARAN. (As cousas son así, veñen cando menos as esperas).


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.